Aprendiz de lutier - fase 14
Este post dedicoo por completo a construcción do puente, cejuela, selleta e pala coa transferencia da miña marca persoal, MANFER Style na súa parte frontal superior, marcando estilo Gibson ou The Loar. O puente é de ébano e tanto a cejuela como a selleta son feitos dunha exaustiva selección de óso de pura tenreira galega. Pódese dicir que estas pezas son de luxo, ósos de fémur de tenreira galega, coa porosidade exacta e os tratamentos oportunos (según videos de youtube) para que sirvan de materia prima para a construcción da selleta e cejuela (a cama das cordas). Como de costume o logo por encima de todo, para esta ocasión estreo a marca persoal MANFER Style. Utilicei Gel Transfer para fixala, acadando un resultado verdadeiramente satisfactorio. IR AO SEGUINTE POST IR AO ANTERIOR POST IR A LUTIER IR AO INICIO