Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2018

Aprendiz de lutier - fase 5

Imaxe
A mandolina é un instrumento que sufriu cambios notables ao largo da súa historia, de feito a orixinal napolitana, non ten nada que ver coa americana nin coa portuguesa, e polo visto, parece ser que a  evolución sigue latente, xa que está a piques de sair á luz, un modelo con personalidade propia de beleza incomparable. Un trending topic que pretende ser todo un referente nas altas esfe ras. Que teñades un moi bo día. 22-02-2018 Esto é o que se coñece como sutileza de liñas de beleza sen igual. 20-02-2018 Chegou o momento de andar co aro a voltas,  para conseguir que este teña a forma de gota de auga perfecta, seguindo as pautas que marcan os cánones de beleza . Esta cuña, entre o aro e o mástil, é debido á precisión nanométrica de corte que me gasto O aro é a parte que rodea o contorno da tapa Xa me creía co mástil rematado por agora, pero aínda faltaba este rebaixe, onde irá encolada a tapa armónica debaixo do diapasón. I

Aprendiz de lutier - fase 4

Imaxe
Fai un mes que embarquei de cheo nesta fascinante aventura de construir un instrumento de corda, a miña sorpresa é que non só vou disfrutar da meta, xa que estou gozando do camiño dunha maneira inimaxinable, sinceramente, nunca pensei sentirme tan entusiasmado. A clave está únicamente en atopar a razón pola cal facer a viaxe, o resto ven só.  17-02-18  Con este par de cortes, feitos con total enxeño na base do mástil para incrustar o perfil, dou por concluida a primeira etapa do proxecto, dando paso a unha parte tamén moi bonita entre aros e tapas. 14-02-18  Xa chegou a primeira modificación do proxecto, debido a un erro por falta de experiencia, pero como rectificar é de sabios, non pasa nada! Vamos a ver que a altura do mástil, ten que ser igual a altura do aro (perfil) + a altura da tapa armónica, de aí que para acadar  a altura necesaria  tiven que añadir esta peza de 3 mm a modo de tacón. A tapa armónica máis o mástil, teñen que quedar no mesmo plano para poster

Aprendiz de lutier - fase 3

Imaxe
Non vos preocupedes se por mor de mocos, estornudos e toses, tendes que pasar estas festas metediños na casa sen disfraz.  Tranquilos! Para outra será, de momento nada mellor que un vaso de leite quentiño con mel do bo, complementado con este post cargado de vitaminas, para recuperar a espabilina perdida neste inverno. Que o disfrutedes! 08-02-18  Cada vez que penso no xeito que quero darlle a esta pala, non sei porque motivo me ven a cabeza eso de que de ilusións tamén vive o Home,  logo dun sorriso penso, "que sería de nós sen elas!" feito que me dá forzas para seguir matinando. 07-02-18  Mercar na rede é o que ten, compras o que queres e cando queres, fantástico a cantidade de tendas especializadas, canto máis buscas máis atopas.  Xa empezaron a chegar os músicos, o concerto pinta bestial.  Sorprendente, o negro e pesado que é o ébano, tiña entendido que era pouco poroso, pero tan pouco... 05-02-18  Encoland

Aprendiz de lutier - fase 2

Imaxe
Este post dedícollo a tódolos compañeiros de traballo, que entre risas contidas cargadas de incredulidade preguntan por este proxecto. Vai por vós! 01-02-2018 Este tinte non é máis que para darlle un sentido puramente estético á pala . 31-01-2018 Remato este mes de contrastes unindo a pala co mástil,  de momento moita cola sen rastro de whisky,  o resultado pinta sobervio. 30-01-2018 Martes, dándolle forma ao mástil, procurando obter unha figura esbelta sen perder resistencia. O canon ideal de beleza vamos!  29-01-2018 Luns de lixadora IR AO INICIO DO BLOG IR AO INICIO DE LUTIER IR AO POST ANTERIOR IR AO POST SEGUINTE