Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2017

O pan de cada día

Imaxe
Adico este post aos que dunha  maneira  ou doutra,  falan de  Paparroda.  Gracias. Fai uns días vin na tele unha reportaxe sobre o pan , púxome os pelos de punta, sinceramente fíxome reflexionar, e de seguro que a moitos de vós tamén.  Polo tanto, o escrito de hoxe vai sobre ese alimento tan consumido. O pan que comemos, ten de todo máis que trigo Onte, sendo eu un cativo, os fornos (que todos eran de leña) tiñan á beira   montóns de casqueiros e recortes de pino, que os serradoiros lles suministraban. Pero non sempre foi así, xa que moito antes, na   década dos corenta, os fornos quentábanse co que a xente apañaba no monte, carrouchas, toxo e garabullos. Evidentemente o transporte non era a gasoil... Sempre me preguntei, cantos feixes de mato habería que levar, para consagrar o alcume de carroucheiro ? De seguro que moitos, pero deso xa case ninguén se acorda. Máis tarde veu a electricidade, e con ela outro tipo de fornos máis modernos, prescindindo de carrouchas

A botella de Mr. Teel

Imaxe
Neste post vou contar un suceso que xa fixo esta semana quince días que ocurríu. Pensei en compartilo por dúas razóns, a primeira porque cousa ao xeito non pasa tódolos días e a segunda porque sei que aos amantes das cousas raras vos vai gustar. Este suceso insólito, aconteciulle a un tipo que se fai chamar Mr. Teel, un cidadán de United Kingdom, bombeiro retirado, que xa leva oito anos (dende que se xubilou) vivindo nestas terras, fala galego perfectamente, agás a pronunciación da letra Ñ que a articula como se fose unha N, pero polo menos fala o noso idioma, non como nós que levamos dende ben pequenos estudando inglés e pouco máis que o verbo “to be” sabemos. Descoñezo cales foron os motivos que trouxeron a este británico ata aquí, xa que por moito que se lle pregunte non solta prenda. Non se sabe se foi atraído polas fermosas vistas á ría, polo viño branco ou simplemente fuxindo do recio clima escocés, o que si sei, é que ademáis de un fascinante observa