Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xullo, 2017

A mexada do can

Imaxe
Feliz verán a todos Mensaxe dunha botella De antemán quero deixar claro que todo o que vou escribir neste post, non deixa de ser unha simple opinión persoal. Ao que lle guste ben, e ao que non, tamén ben. Aos de humor apretado , mellor non llo recomendo, non vaia ser que se lle irrite o duodeno. O resto que o disfrutedes. Aínda que a agüita amarilla sexa a causante deste post, esta non ten nada que ver coa canción de Los Toreros Muertos  que tanto éxito tivo a finais dos oitenta, que bah! O tema de hoxe, é un MTPP (marcación territorial por pis). Vou escribir sobre as mexadas dos cans e o afamado inhibidor urinario canino , que tanto se estila neste lado da ría. Agora vos conto. Atrévome a decir que este pobo pasaría desapercibido se non fose pola cantidade de botellas que a xente pon diante das casas, co fin de evitar que os cans lles mexen nas soleiras. Este suceso por moito que se queira non pasa inadvertido para ninguén, de feito xa se coñecen como os “