Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2017

A realidade dos estereotipos

Imaxe
ADVERTENCIA!!! Este relato pode ferir profundamente a túa sensibilidade. Se sigues lendo alá ti! A temática deste post vai ser os estereotipos, convivindo nunha   sociedade que todos quixésemos perfecta, sen violencia, sen machismos, sen diferencias nin nada que se lle asemelle, pero como a realidade é moi distinta, quero mostrala. Para facelo, que mellor que poñerse no pelexo do inimigo, agarrándose ao seu imaxinario e infundado punto de vista. Quero que este dato quede claro en todo momento . Polo tanto advirto que este texto poida que non resulte do agrado que un quixera, sobre todo para certas mentes sensibles acostumadas a un mundo rosa cheo de ideais.   Imaxe: Pinterest Que a sociedade está plagada de machismo, estereotipos e prexuizos cos seus conseguintes perxuizos, todos o sabemos, pero aínda así, non son poucos os que anclados a unha tremenda falta de educación e valores, xogan baza a favor de que esto se manteña latente. Vivimos nunha sociedade tan ava

O almorzo de Ramiro

Imaxe
Base imaxe: Pinterest Editada con Pixlromatic Neste post vou escribir sobre Ramiro, un tipo peculiar canto quer, que ademáis de ser arquicoñecido pola vestimenta extravagante e o seu descomunal reloxo dourado, tamén é un querido mestre de primaria, a piques de se xubilar.  Descoñezo o motivo que leva a Ramiro a frecuentar sempre o mesmo local. Unha cafetería (1)  que exceptuando unha ubicación privilexiada de moita luz, non se lle ve outro aliciente que invite á entrada, nin café, nin vistas, nin fasquía, nin tampouco unha camareira que deixe pasmado. Como non sexa que vive no mesmo edificio...?     Ramiro non é un tipo deses como todo quisqui, que cando almorza na cafetería ocupa unha mesa, que va! El é home de barra, chégalle con séntase nun taburete arrimado ao mostrador e xa está, pero eso sí, para meter entre peito e espalda, un simple café con leite, fai un despregamento que nin os cans, ben se pode dicir que enche o mostrador de metralla. Á súa ezquerda a boina, o