Cea de empresa
Xa chegou o evento máis hipócrita destas datas. “Everybody to the dead cow”. Este non é outro que a cea de empresa , que non ten nada que ver coa cea de compañeiros de traballo, ollo! A diferenza está en que nesta última, cada un da “ selección ” paga o que rompe, e na de empresa, o mandamáis paga o de tódolos “ cans e gatos ” incluido a súa. A mesturanza de individuos que se xunta nun evento deste tipo é extraordinaria, dende os que van por compromiso, que non lles queda outra que achantar, meus pobres! ata os que van porque vai o veciño, meus pobres tamén! No medio de todos eles, hainos que van cun propósito claro e definido, cada un poñendo en práctica a súa especialidade: Impresionar, aparentar, ligar, cheos de fame que parece que nunca viron comida, as terasexy e os que van única e exclusivamente para beber, causantes directos da dexeneración do evento. Uns con máis glamour e outros con menos, pero todos acuden á vaca morta , onde se codean individuos con