Escaparatista Vs Descerebrado
Por fin chegou a noite do 31 de outubro, noite de embruxo e festa rachada. Seguro que máis de catro levades unha semana de enredo escollendo entre telarañas, esqueletos e morcegos, a decoración axeitada para celebrar Halloween por todo o alto. Pero coidadiño, con esto da decoración pasa o mesmo que coa choiva, nunca cae a gusto de todos, oes! O que para uns, é do máis Cool, para outros resulta un verdadeiro insulto. Aí é onde está a diferenza entre un escaparatista profesional e un “artista” descerebrado . Se non que llo digan o tipiño que decorou un local de comida rápida, utilizando unha escultura da Virxe María co rosto manchado de vermello, emulando a sangue do niño Xesús decapitado. Quedo sorprendido ca facilidade coa que se confunde a liberdade de expresión coa insolencia…! Cada un que pense o que queira e que xuzgue o que lle dé a gana. Na miña opinión, non deixa de ser unha falta de respeto, por moita celebración de Halloween que esta sexa. Tamén penso que se