O paso do tempo
Ben certo é que na actualidade as galiñas seguen tendo pico e as vacas seguen dando leite, pero esto non implica que as cousas non cambiaran. Aínda sen ter claro cal é a época merecedora do medallón ó garrafón adulterado, os cambios existenciais habelos hainos. Parándose un chisco a pensar no que o escritor Jorge Manrique dixo no seu día, eso de que calquera tempo pasado foi mellor, dá pé a plantearse unha serie de cuestións. De se o dixo por nostalxia, recordando a idade da inocencia, na que todo é fume, e por outro lado se na actualidade diría o mesmo. En realidade o paso do tempo non só afectou a temas supérfluos como son a cantidade de canles que temos de TV ou a indumentaria que usamos andando en bici, tamén tocou temas moito máis serios como a comunicación, a evolución das palabras patrimoniais, a liberdade, o consumismo ou simplemente a calidade dos alimentos. Tamén influiu na independencia da muller na parella. Antes a labor das mulleres era única e exclusiva