Recordando olores
Este post, no que vou tratar sobre as curiosidades olorosas da vida, quero adicarllo ao compañeiro incrédulo Sr. Juan Vázquez, que entre respeto, dudas e risas, alá segue sen creer o que eu tal escribo. Nin que o sofá fose de skay ! Ben certo é que vivimos rodeados de miles de olores (as veces máis dos que quixéxemos); pero os que vou tratar neste post, teñen o denominador común de AGRADABLE . Aínda sendo así, a súa apreciación é totalmente obxetiva, debido a que está influenciada por multitude de aspectos, como poden ser o estado de ánimo, a opinión do veciño ou simplemente a cagarría mental que se teña ese día. Este feito fai que o mesmo perfume resulte agradable, desagradable ou simplemente nin fu nin fa, por moito que as multinacionais se empeñen en que o seu último producto nos guste a todos. Debido a sensibilidade que temos, non existe patrón que se axuste a tódolas narices, cada persoa coas súas preferencias é un mundo, polo tanto non nos debe extrañar que o q