En vapor a Vilagarcía
Todo depende da vara coa que se mida. Hoxe visitei a Darío, máis coñecido por “Cachirulo” un “perro viejo” da guerra civil española. Xa leva acamado preto de dous turróns aguantándolle a partida á artrose no medio dun pano quente e fregas de augardente. Bríllanlles os ollos de alegría recordando azañas bélicas e anos de soltería. Con 100 anos ás súas costas, é todo unha enciclopedia de vivencias, un interesado en saber que non só lle gusta preguntar, tamén disfruta contando. De seguro que con medio século menos, sería un empedernido amante de Siri, xunto dun bo Twitteiro. Sorprende oílo falar da década dos 40 como se fose onte pola tardiña, de perrachicas, patacóns e reais, e comentar fusilamentos, asasinatos e fosas comúns con pelos e señais. “ …Botando a vista atrás, non fai moito daqueles anos nos que un golpe de estado no 36, levounos a 3 anos de Guerra Civil acabando así a segunda República, época na que desapareceron tanto o sistema constitucional como os parti