Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2014

Buscando o mellor

Moitas gracias a ese seguidor anónimo por informarme de que nalgúns dispositivos faise costoso abrir “Paparroda”  Sinceramente estou moi agradecido, intentarei subsanar o problema para que na próxima entrada ó blog, todo sexa un mundo vertixinoso cheo de cor.

Enxa

Imaxe
Vaia tarde máis maravillosa a de hoxe, e coidadiño que se diga que non foi aproveitada. Fun hasta A Enxa por Ribasieira, saín de Aguiño despois dunha boa comida lixeira e ben tardeira para emplear toda a xeira rodando entre carballeiras, eucaliptales, fontes e remansos con tramos de infarto cheas de bestas, vacas e curvas acampanadas con aire fresco ó compás do Endomondo e co murmullo daquela aldea chea de soidade. Cabe destacar que a “Place for One” está preto do seu primeiro aniversario con máis de 3000 Km cá mellor guarnición o lombo (que non se queixe!!!) Ría de Muros e Noia vista dende A Enxa por Toutonplace

Ponte sobre o Río Pedras

Imaxe
Hoxe  saín a dar unha voltiña en plan paseo, fun hasta a Aldea Vella, (Puebla do Caramiñal) ó pasar por Entrerríos parei a facer unhas instantáneas na ponte que hai sobre o Río Pedras; non é o puente sobre o Río Kwai  nin tampouco o artista é o mesmo, pero vamos tirando. Ponte sobre o Río Pedras

Unha voltiña por Muros

Imaxe
Vaia día nos deixou este domingo de ramos!!! A ver si se aguanta porque sair en bici con este tempiño é algo sumamente especial. A mostra está en que hoxe atopeime con mogollón de ciclistas, a todos eles se lle notaba unha euforia de ganas locas de rodar, normal!!! Despois do inverno que tivemos non queremos outra cousa que comernos o mundo e querer adiantar o atrasado, pedalear, pedalear e máis pedalear, que bonito é cando ese sufrimento pasa a ser unha maravilla. Para ser domingo levanteime cedo de moita leche, pero despois de tanto tempo con axustes daquí e axustes dalá (poñendo todo a punto) chegado o día “D” como para quedar na cama!!! Hoxe nada podía fallar, e así foi. Unha mañá de ruta fantástica, e si non fose porque na casa me estaba esperando un exquisito e singular churrasquiño, traíavos mil e unha fotos, xa que alá, por Esteiro, Abelleira e a propia Muros teñen uns paisaxes espectaculares dignos de unha verdadeira admiración, merecedores dunha boa mañá de fotograf