Saída nº2 - Subida a Curota e baixando por a Puebla
Hoxe amañeceu con algo de froalleira, esa choiva que coñecemos todos os gallegos, esa choiva que non intimida nin leches; e xa que se perderon bastantes días de festa este inverno, había que tomar a decisión de si ou si de levantarse, actuar e deixarse de "chiquilladas", xa que as 09:30 quedara no parking do Halley cos que apareceran, alí me atopo a dúas fieras do mundo bici, Carlos e Ramón. Despois de quentar motores dando unhas voltas polo parque periurbán de San Roque decidimos subir a Curota por camiños de terra (máis ben lama) terminando o último tramo por asfalto. No cume había bastante néboa pero sin chegar a tapar as preciosas vistas que se divisan dende alí; unha das boas cousas que ten subir a Curota é que hai que baixala...e facelo por esas pistas e camiños de terra, paus, pedras (e no día de hoxe lama), é algo como ir ver unha obra de teatro, non vale de nada que se esforcen en contarcho, hai que vivilo e pódovos decir que a baixada é impresionante, asegúrovos que