Chegou o momento de dedicarlle tempo a unha das pezas máis importantes da guitarra, como é o diapasón. Esta peza é onde se insertan os trastes, e cubre o mástil dende a pala ata a roseta. Ten unhas medidas de 52mm na cejuela e 63mm no traste nº 12. A súa madeira, ademáis de ser estable a cambios de temperatura e humidade, ten que ser dura, de alta densidade. Hay moitas madeiras que cumpren con estas características, como son: Palorosa, Granadillo, Arce, Ciricote ou Cocobolo, entre moitas outras, aínda que as que verdadeiramente se levan a palma son o Ébano e o Palisandro. O sonido da guitarra depende de moitos factores, un deles é a combinación das madeiras que se utilicen nas distintas partes da guitarra. Este conxunto determinará en gran medida o son do instrumento. Neste traballo hai varios puntos a considerar: O primeiro, antes de nada, é tapar a boca da roseta, para que a caixa armónica non se encha de impurezas. Debido a que o mástil e a caixa armónica están en distin