Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro, 2017

Cea de empresa

Imaxe
Xa chegou o evento máis hipócrita destas datas. “Everybody to the dead cow”. Este non é outro que a cea de empresa , que non ten nada que ver coa cea de compañeiros de traballo, ollo! A diferenza está en que nesta última, cada un da “ selección ” paga o que rompe, e na de empresa, o mandamáis paga o de tódolos “ cans e gatos ” incluido a súa. A mesturanza de individuos que se xunta nun evento deste tipo é extraordinaria, dende os que van por compromiso, que non lles queda outra que achantar, meus pobres! ata os que van porque vai o veciño, meus pobres tamén! No medio de todos eles, hainos que van cun propósito claro e  definido, cada un poñendo en práctica a súa especialidade: Impresionar, aparentar, ligar, cheos de fame que parece que nunca viron comida, as terasexy e os que van única e exclusivamente para beber, causantes directos da dexeneración do evento. Uns con máis glamour e outros con menos, pero todos acuden  á   vaca morta , onde se codean individuos con

Sin-Son 2017

Imaxe
Deportivamente falando, xa temos aquí un clásico do Nadal por excelencia, a Sin-Son . Que será o que ten esta carreira que tanto nos seduce? Nin o madrugón do domingo, nin o frío de Portosín, nin a costa da Guieira son quen de romper esa atracción que tanto nos chama. Para máis información:  http://www.sin-son10k.com Referente á preparación física, o que non se fixo xa non se fai, pero tranquilos, o importante é participar.  Sorte! Vémonos domingo. Datos para o recordo Fotos da carreira Teño que agradecer a RunPhotos Galicia e a Andrea Carleos Photography, estas estupendas imaxes.