Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño, 2017

O Campo das Mouteiras (parte III)

Imaxe
Este post dedícollo  ao  amigo convalecente Clemente Ferreirós. Que te mellores Cle! Se eres dos que andan por aí a velas vir e chegas aquí de rebote ou por casualidade, recoméndoche que antes de meterte en fonduras con esta terceira parte, leras as dúas primeiras, sobre todo para non andar perdido como unha caries na espuma da gaseosa. Enlaces para os interesados: Primeira parte Segunda parte Polo contrario, se eres un acérrimo lector de Paparroda, avanti tutti! Como ben sabes, na primeira parte tratei a causa efecto (Lajarto-Mouteira), na segunda tocou tratar á eliminación da causa (a extinción do Lajarto) e nesta última entrega, vou tratar a desaparición do efecto (o desvalixo das mouteiras). Agardo que che guste. Terceira parte Debido ás innumerables visitas ao Castro de Baroña na primeira metade do século XIX por parte de xente importante con culturilla e renombre, xa non eran poucos os que atraídos pola beleza do que se contaba nas altas esf