Vía sin tranvía
Monllos, trasgos e bolboretas!!! Hai días que é mellor non sair da casa. Hoxe levanteime todo cheo de razón e fun hasta Vilagarcía, nada máis chegar resbalei no famoso rail do tranvía, vaia ostia me metín!!! Pero eso si, por un momento fun o centro de atención, oleee!!! (ni Cristiano Ronaldo nos seus mellores tempos) en cousa de segundos xuntouse alí unha de peña que nin os cans; foi impresionante!!! penso que si fora o Sr. Rajoy non se xuntaba nin a mitade dunha cuarta parte, é decir 1/8 de people. E como esto aínda era pouco, a volta en Catoira, vou e pincho, foi de esa cando me dei conta de que o impacto co asfalto vilagarcián non é compatible cá pantalla tactil do smartphone. Hoxe aprendín que as marquesinas valen máis que para agardar o bus, tamén valen para abrigarse cando chove con ganas. Menos mal que tiña todo o necesario para solucionar o tema pinchazo, despois do curso de Sporbike, sería imperdonable.