Publicacións

Mostrando publicacións desta data: May, 2015

Con bolas na de Pepa

Imaxe
Gregorio e Guillermo, dous tipos sociables e moi faladores, dous tipos un tanto especiais, gravata, zapatito fino, alta alcurnia e pouca monta, que a crise os baticou ben baticados, baixándolles o fervor un feixe de peldaños, cambiándolles destinos paradisíacos con masaxes de spá por gorros de media lúa con vistas andamiais. Dende fai un par de anos, estes dous golosos do leasing dedícanse o mundo da pintura, cambiando o saber estar por non saber facer nada, gozando de boas vistas con toda a súa “cultura”.

Todolos venres ao remate da xeira, alí se reúnen na de Pepa, entre  arrancadeira e derradeira, tanto contan aventuras con vanidades como pestes sen novedades. A última extravagancia que armaron, liárona parda, mellor dito pintárona gorda, xa que aínda hoxe costa crer que con tal borracheira se calmara tal alboroto.

Na procura de cores olvidadas, os artistas mezclaron pinturas no patio da casa (de forma particular); mentrás tanto... Que pinte Luis!! tiñan dous botes de pintura, un dele…

Unha flecha no TEMPO

Imaxe
Dedúcese que o comezo do Home na Terra debeu ser duro, tiñan que ser espabilados ou ter moita puntería. Tampouco quero decir con esto que na actualidade non sexa así.
De todas formas, visto dende un punto de vista penetrativo, eles tiñan algún problemilla menos dos que temos nos, xa que de wifi, de doble check, de perfil de Instagram, ou si me apuras... Ata o punto, de si as mallas para zumba non quedan apretadas mentras non marquen as picaduras dos masquitos. Eles desto nin chica!! Preocupacións da “Edade Contemporánea” fronte as daqueles artistas, que a súa única preocupación era buscar comida, non sen patear a sabana detrás daquel antílope vacilón.
Esta etapa coñecida como Prehistoria queda comprendida dende a existencia do Home na Terra ata que este aprendiu a garabatear co pizarrillo, momento no que uns comezaron a
chulearse do que escribían e outros non.  Tampouco quero decir con esto que na actualidade non sexa así.

Summer 2015, patéalo!!

Imaxe
Amigos do running e da camiñata, convídovos a participar no desafío Walking and Running in summer 2015 de Endomondo. Dará comezo o vindeiro 21 de xuño as 18h 38m  rematando o 23 de septembro as 10h 21m.   Únete!!

A parella non quer romaría

Imaxe

Castro de Baroña

Imaxe
Unha de romanos naquel crudo inverno do ano 132 d.C.


Aínda ben non era medianoite na polbeira, cando Jolán (un mozo do poboado); entalado de frío vía como o mar picado engulía todo o seu traballo con aquél canastro recheo de nécoras, lustrosas robalizas e orballo. O que este non sabía, era que o peor aínda estaba por chegar.Que máis quixera el que poder cambiar o destino nefasto daquela noite “acompañada” xa que nin o foso defensivo, nin a porta de entrada, nin os acantilados que o circundan, foron suficientes para evitar a invasión con Marcus Lucius ao fronte das tropas romanas, coa evidente masacre dos últimos Celtas que perduraban no asentamento baroñés.

A todo esto fago saber que cos recentes traballos arqueolóxicos  que se están levando a cabo, merece moito a pena ver ou volver a ver o Castro de Baroña. Os que aínda non tivéchedes a sorte de pisar un dos castros Celtas mellor conservados de Galicia, que sepades que é unha xoia arquitectónica nun enclave máxico digno …

Questa è la torta di amooore

Imaxe