Publicacións

Mostrando publicacións desta data: February, 2015

Coa "sana" intención

Imaxe
É boa verdade que si se deixa duas semanas de patear, xa hai que recuperar. Hoxe preto do mediodía saín a mover un pouco este esqueleto folgado, pero nada, ao pouco de media hora xa vin de volta, notábame pesado, pesado, unha sensación de fatiguilla de medo. 
Que logo se oxida a maquinaria cunha vida de excesos con moito sofá e pouco paseo.
Coa “sana” intención de mentalizarse de ir gastando os últimos cartuchos do entroido, tomeime un par de copichuelas de Abadía da Cova (para esto si que hai xente); un D.O.: Ribeira Sacra, de excepcional calidade que elabora Adegas Moure, un Mencía que leva a costas unha recua de premios, entre eles Premio CERVIM 2008 e Guía Peñín 2012, un viño gallego que está la mar de bo, un viño que sen pasar dos 10€ volo recomendo polo sabroso que é.

Operación BIKINI 2015

Imaxe
Ahora, que esto de practicar deporte está tan de moda (porque ou te moves ou non eres ninguén); non me diredes que a esta altura non usades (cada vez que saídes); un reloxo GPS ou unha aplicación desas de Smartphone, para registrar as prácticas... Non hai máis que falar con uns e con outros, ou botar una ollada a calquera das tendas de aplicacións online, para darse conta de que a oferta é un repertorio do máis variado. Unhas máis intuitivas e outras con máis colorido, pero no fondo (salvo erros de GPS, que dependen moito do tipo de Smartphone que se teña) todas desenrolan ben o seu papel, motorizando aspectos básicos como son: tempo, distancia, ritmos, percorrido e por si fose pouco, sincronizan coa súa correspondente versión web, na cal a posteriori nos da datos máis que suficientes para realizar un minucioso análise da práctica.  Como antes de demostrar o contrario, non hai aplicación mala, e como cada un fala da plaza como lle foi nela, aquí vos deixo os enlaces das máis populares, …

XIII Carreira Popular Concello de Padrón

Imaxe
Amigos do running, espérovos o vindeiro 7 de marzo en Padrón, na súa XIII Carreira Popular, una carreira para veteranos, principiantes, cañeros e fatiguillas, xa que todo seu percorrido transcurre por terreo chan.

Que axiña pasou o tempo dende que o ano pasado participara por primeira vez nesta carreira, todo que teño que dicir é positivo, encantoume, polo tanto este ano, (con choiva ou sen ela) alí estarei pateando ao longo do río.


Para máis información: EMESPORTS


San Valentine´s NIGHT

Imaxe
Que vou dicir de San Valentín que non se sepa?
Está claro que non é o momento  para dicir que o amor é un sentimento controlable… 
O que si penso é  que o día de hoxe a pesar de ser fantástico para uns e odioso para outros, non deixa de ser un pretexto ideal para  os máis nóveles,  aproveitando  codearse co sexo entre outras cursiladas, si podes  sorprender ao “amore” con algo semellante a unha pizza en forma de corazón, non o dubides!!! (a ver si cae algo) e non o deixes para halloween, que me mete  medo!!! Para alá outro galo cantará.
 Sexa do grupo que sexas, felicítoche!!!

Nota: O tempo en que as mulleres o daban todo a cambio de nada  acabouse.
Que o sepas…!!!

Pirolas xigantes

Imaxe
VALORA  O  QUE  LES  E  NON  CREAS  O  QUE VES
Aínda ben non abrira o día cando aquel veciño de Aguiño, daba a voz de alarma ós gardas municipais. Sí, esta noite de foliada, unha pandilla de vándalos grafiteaban as “Pirolas xigantes” (nome polo cal se coñece o monumento adicado ó Percebe, en Aguiño)  Canto artista cargado de inspiración hai solto...!!! Aínda ben non fixo os 15 días da súa inauguración e xa eses entendidos non foron quen de resistirse os encantos de tal atracción. Con catro metros de pano, tiveron para dar e tomar. Chapuza ou obra de arte? Non se sabe, mentras tanto a cagada témola aí. Esta clase de individuos con catro copas no medio do mogollón, pintando con ou sin razón, aproveitaron o fin de semana para chamar a atención. domingo, 09 de agosto de 2015

Sentido único

Imaxe
Que barbaridade!!! Quen nos verá en menos de nada, pasear polas anchas beirarrúas soleadas e de cores abaldosadas, con xardíns recheos de plantas de flores douradas, con texturas varias en paso de peóns, canalizacións e alcantarillados de tres pares de collóns, voltando cun rodeo propio de capital, aínda non entendo quen o pode ver mal...!!!
Dunha vez por todas, que deciden dar o salto e poñen encima da mesa preto de ½kilo de €urolos para deixar Aguiño estilo Nápoles, Denver,Dublin, Toronto ou Hannover. Mesmamente “chupi canela”, “chachi piruli” ou como lle queiras chamar, como as grandes cidades vamos...!!! Imos e montamos unha que nin os cans!!! De ben pensado, que pouco  agradecidos somos, reixeitando tal innovación.
A partires de xa, a distancia máis curta entre dous puntos xa non será aquel camiño dereito, quen nos verá a voltas para ir dende a de Laxes a de Quico pasando pola de Visita logo de mollar tanto no Tamba como no Serriño e collendo a barra “na de Lus” e non te esquezas d…