Publicacións

Mostrando publicacións desta data: September, 2016

O paso do tempo

Imaxe
Ben certo é que na actualidade as galiñas seguen tendo pico e as vacas seguen dando leite, pero esto non implica que as cousas non cambiaran. Aínda sen ter claro cal é a época merecedora do medallón ó garrafón adulterado, os cambios existenciais habelos hainos.
Parándose un chisco a pensar no que o escritor Jorge Manrique dixo no seu día, eso de que  calquera tempo pasado foi mellor, dá pé a plantearse unha serie de cuestións. De se o dixo por nostalxia, recordando a idade da inocencia, na que todo é fume, e por outro lado se na actualidade diría o mesmo.
En realidade o paso do tempo non só afectou a temas supérfluos como son a cantidade de canles que temos de TV ou a indumentaria que usamos andando en bici, tamén tocou temas moito máis serios como a comunicación, a evolución das palabras patrimoniais, a liberdade,  o consumismo  ou simplemente a calidade dos alimentos.
Tamén influiu na independencia da muller na parella. Antes a labor das mulleres era única e exclusivamente atender o fo…

San Andrés de Teixido

Imaxe
Hoxe tiven o sorte de visitar por segunda vez a paraxe impresionante de San Andrés de Teixido, na Serra de A Capelada, Cedeira. A diferenza da primeira (que foi un día cerrado de néboa); hoxe as condicións climáticas portáronse, o día non puido estar mellor. Sentirse cheo de embruxo naqueles acantilados sobre o mar, non ten prezo.









Hai un dito que di que: "A San Andrés de Teixido, vai de morto o que non foi de vivo"
Xa ti vas vendo…!
Gracias pola visita