Publicacións

Mostrando publicacións desta data: September, 2014

Correndo en Ribeira

Imaxe
Hoxe coa XVII Carreira Popular Sta. Uxía,  tíñamos a Cidade de Ribeira de gala, chea de garbo e esplendor, estaba que se saía, e non sin  motivos.  O desenrolo  da proba transcurreu según o previsto, cumprindo todas as expectativas, o traballo da organización foi un éxito, unha vez máis Ribeira soupo estar a altura das circunstancias.
Tamén teño que destacar o carreirón que fixemos tanto Juan Vila como eu, fomos xuntos toda a carreira a un ritmo medio de 4:60 cruzando a liña de meta con un tempo record de 49:58 de momento baixar de 50 minutos os 10 K podémolo considerar todo un triunfo pola nosa parte.
E como non, unha vez máis destacar a gran labor fotográfica que fixeron tanto Ana como Fátima entre outros, inmortalizando eses bonitos e inesquecibles momentos.



















Fotos atopadas na web


De Castañas a Baroña

Imaxe
Ti, con esa cara brillantemente encapsulada, de tez morena, rechonchiña e toda ruborizada, que entre follas, fieitos, herbas e panascos, enches de alegría ó verche alí pousada.





...Xa que onte foi un deleite apañar unhas castañas en Baroña, hoxe non quer ser menos e tocaranlle asadas cun bo viño.

Feliz tempo castañar.

Nin Helsinski nin oito cuartas

Imaxe
Alá se quedou a señal que con tanto entusiasmo buscaba onte pola tarde logo dunha corta pero intensa sestiña.  Como tocaba bici, fun a Curota en busca daquela señal indicando a dirección de Helsinski curiosa e non menos suxestiva, que uns días antes o compañeiro Vilarnovo ben soubera fotografiar, (cun encuadre perfecto, todo hai que decilo)
Cando saín non era que fixera un día deses espléndidos e soleados do mes pasado, pero podía pasar, ainda que así como iba entrando a tardiña o nubarrón que resguardaba a comarca facíase máis morrocotudo, subir a Curota era algo así como colgárselle nas barbas o xigante, o último tramo de ascenso xa foi con algo de vento e choiva facendo que abandoara a expedición chegado o cúmio, ainda sin alcanzar a susodita indicación; despois dunha baixada de penurias non podía chegar a casa doutra forma que non fose asolagado,  ben asolagado... Ainda así, valeu moito a pena.


Un día si e outro tamén

Imaxe
Onte ainda ben non abrirá o día e xa estaba eu de armas tomar,  cos preliminares para facer un 10K  polas periferias de Aguiño,  e hoxe ca choiva a punta de pistola tocoulle ruta en bici na compañía de Ramón e Mara,  fomos polo Son, Noia,  terras de Lousame e para a casa, que xa non era pouco. Mañá Dios dirá, ainda que teño que aproveitar  toda esta morea de endorfinas embarulladas en puro estado de fervenza.




Gracias por pasar por aquí

Guía Alimentaria

Imaxe
A esta altura todos somos coñecedores da cantidade de cuatrillóns de dietas que existen, para gustos e disgustos hainas malas, boas e mellores, hai dietas para non engordar,  para adelgazar,  esotéricas  e  afrodisíacas entre outras, eso sin contar as que se empezan o día seguinte. Cada persoa é un mundo,  polo tanto cada un fala da praza como lle foi nela,  pero non vou  vitoriar  ese tipo de dietas, eso deixo  para blogs expertos,  aquí vou tratar un tipo de dieta especial para deportistas, unha dieta que nos cargue os depósitos de nutrientes  cas cantidades xustas de  calcio, vitaminas, proteínas, hidratos,  grasas e minerais. Enerxía por un tubo sen sentirse pesados para afrontar  a  competición.  A fonte de información foi a  web e revistas nacionais especializadas, chegando a unha firme conclusión,  aquí vos deixo dúas listas, a primeira é de alimentos que deberíamos  inxerir  como mínimo duas horas  antes  do desgaste físico;  por exemplo, a práctica de running, saídas en bici …

Correr na Capital

Imaxe
Correr un 10K en Madrid, dende o Bernabeu ata o Calderón o 16 de novembro, ten que ser todo un puntaso, ainda que só sexa para o caché.
Para máis información pincha no enlace: Correr na Capital
Que alguén se anime!!!

XVII Carreira Popular de Santa Uxía

Imaxe
Hola amigos do running, xa temos aquí a XVII Carreira Popular de Santa Uxía. 
Outro bombón glace agardando por nos, unha 10K con toda a súa chulería.
Os interesados pódense inscribir en EMESPORTS por un precio módico de 6 €urolos.
Para máis información podedes pinchar no seguinte enlace:
XVII CARREIRA POPULAR
Si non nos vemos antes, ata o 28 de septembro.
Un saúdo.


Os tres do denque en Corrubedo

Imaxe
Aquí estamos os tres do denque no Faro de Corrubedo, fomos estirar as pernas como quen non quer a cousa, nun visto e non visto.
Unha pena que non nos xuntemos máis a miudo.

En corrubedo con Ramón e Vilarnovo.