DiciPap


O propósito desta sección chamada DiciPap é conformar unha lista co significado de términos e frases feitas, os cales no post están subliñados en cor laranxa.
Agardo que sexa de axuda.


Adobío Aquilo que se pon para facer máis fermosa unha cousa ou persoa.

Algarear  Facer ruído, barullo.

Alxibeira Bolsa, xeralmente pequena, que se pode levar colgada dos ombreiros, cosida ou suxeita a algunha peza de roupa ou amarrada á cintura.(riñonera)

Caluga  Partre posterior do pescozo, onde empeza a cabeza.


Cambiar de torna Modificar o estado ou carácter dunha persoa ou cousa.


Draconiano  Excesivamente severo e estrito, drástico, moi riguroso ou cruel.


Embrollar Envolver unha ou varias cousas desordenadamente, facer máis confuso ou complexo.

Esgaduñar Causar rascadelas na parte externa de algo, pola acción dunha cousa afilada.

Estoxo  Funda ou vaíña especialmente disposta para gardar ou protexer algunha cousa.

Garrote Pau curto con que se retorce unha corda, cordel, cadea etc., para tensala e apretala.

Lapela  Parte anterior e superior dunha chaqueta, abrigo etc., que se dobra sobre a mesma peza de roupa. (Solapa).

Marulo
 Que persiste nas súas ideas ou actitudes, mesmo ante a evidencia de estar equivocado ou obrando mal.

Moderrón Dunas pequenas con vexetación.

Onicofaxia Hábito de morder ou comer as uñas. 

Senlla Recipiente de madeira utilizado para transportar e manter a auga fresca.

Raspiñar  Roubar, furtar (cousas de pouco valor).

Rechiar Producir un son áspero e desagradable. 

Salameiro  Persoa cariñosa e que di cousas bonitas.

Salouco  Acción de chorar facendo certos ruídos coa gorxa e o nariz, cortando momentaneamente o choro, ou suspirando.



Comentarios

O máis visto

Donald Trump en Baroña

Pirolas xigantes

Tetas que namoran

O turista africano

Ribeira vs Riveira

Ao solaz da campá