Cea de empresa


Xa chegou o evento máis hipócrita destas datas. “Everybody to the dead cow”. Este non é outro que a cea de empresa, que non ten nada que ver coa cea de compañeiros de traballo, ollo! A diferenza está en que nesta última, cada un da “selección” paga o que rompe, e na de empresa, o mandamáis paga o de tódolos “cans e gatos” incluido a súa.


A mesturanza de individuos que se xunta nun evento deste tipo é extraordinaria, dende os que van por compromiso, que non lles queda outra que achantar, meus pobres! ata os que van porque vai o veciño, meus pobres tamén! No medio de todos eles, hainos que van cun propósito claro e  definido, cada un poñendo en práctica a súa especialidade: Impresionar, aparentar, ligar, cheos de fame que parece que nunca viron comida, as terasexy e os que van única e exclusivamente para beber, causantes directos da dexeneración do evento. Uns con máis glamour e outros con menos, pero todos acuden á vaca morta, onde se codean individuos con distintos grados de perturbación, dende os  lambecús ata os que lle chaman electroduende ao xefe de persoal, aínda así, os hai que non se arrepinten dos feitos, do que se arrepinten é de ir.

Así como hai un mundo de empresas, tamén hai un mundo de ceas de empresa, todas diferentes entre sí, nalgunhas os xefes bailan a macarena, noutras o cha cha cha do tren, pero noutras nin eso, simplemente o artista non aparece e punto. No fondo todos contentos!

Gústaríame saber ata que punto se deixan manexar os traballadores. Irían os mesmos se tiveran que pagar o prato, se a comilona se celebrase un sábado ou se pagaran horas extra por ir? Penso que non!

Salvo un puñado de matados, a este evento ninguén vai obrigado, todos atopamos motivos máis que suficientes para ir ou non, uns van coa intención de disfrutar do panorama e pasar un momento agradable charlando cos compañeiros. Polo contrario outros non van, simplemente porque non están dispostos a aguantar catro mocosos fora de horas de traballo.

Fantástico! Que sería do chismorreo sen eles? Por eso ás ceas de empresa hai que ir, aínda que só sexa para ter que rir e de que falar, durante todo o mes.

Felices Festas.




Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

Sol e candil