Publicacións

Mostrando publicacións desta data: May, 2017

Sol e candil

Imaxe
BEN CERTO É QUE CADA LOCO CO SEU TEMA

Esto é no que me entreteño cando estou inspirado sen moito que facer. 


24-07-17
Para as montantes, utilizo un esquinal de ideación propia, formado por dous ángulos de 135º e 15 cm de altura. Xa arrabeo coas ganas de montalos!










21-07-17
Rozar a proporción Áurea cun recorte de 28x18x1,8 cm non foi o máis interesante do día, xa que un cepillado rústico estilo gallego en Mallorca, rompeu moldes. Logo dunha capa de Xylamon antitermitas, este é o resultado acadado. 




20-07-17
Hoxe tocou unir as tres pezas, que polo momento conforman a base da obra.







19-07-17
Como non debe ir o carro antes que os bois, nin tampouco se debe comezar a casa polo tellado, esto tampouco vai a ser menos. Coa inspiración que hoxe tiña no corpo, dei comezo ao que vai ser a base, formada por tres pezas.


O Campo das Mouteiras (parte II)

Imaxe

O Campo das Mouteiras (parte I)

Imaxe
primeira parte

Debido á riqueza lingüística do Galego, coido oportuno utilizar neste relato as distintas formas que os do Barbanza temos para denominar a unha pedra cravada no chan (como se fose un menhir, pero en miniatura) ben sexa para sinalar os lindes dun terreo, os nomes dos lugares, como indicador de distancias quilométricas ou mesmamente como monumento conmemorativo, para que algo ou alguén sexa recordado. Polo tanto, neste post utilizarei os distintos sinónimos: Marco, fito, mouteira e tamén un castelanismo moi arraigado na comarca, como é mojón.
A historia que vou contar, aconteciu durante un periodo de tempo moi extenso, dende pouco despois da caída do Imperio Romano (tomando como referencia o século V d.C.) ata prácticamente a actualidade, xa que remata a medeados do século XX (que foi onte). Non se sabe se a causa de tal cese foi debido á evolución da especie, á chegada da televisión ou unha total complementación de ámbolas dúas. Aínda que non falta quen di, que foi debido…