A realidade dos estereotipos

ADVERTENCIA!!! Este relato pode ferir profundamente a túa sensibilidade.
Se sigues lendo alá ti!

A temática deste post vai ser os estereotipos, convivindo nunha  sociedade que todos quixésemos perfecta, sen violencia, sen machismos, sen diferencias nin nada que se lle asemelle, pero como a realidade é moi distinta, quero mostrala. Para facelo, que mellor que poñerse no pelexo do inimigo, agarrándose ao seu imaxinario e infundado punto de vista. Quero que este dato quede claro en todo momento.
Polo tanto advirto que este texto poida que non resulte do agrado que un quixera, sobre todo para certas mentes sensibles acostumadas a un mundo rosa cheo de ideais. 

Imaxe: Pinterest
Que a sociedade está plagada de machismo, estereotipos e prexuizos cos seus conseguintes perxuizos, todos o sabemos, pero aínda así, non son poucos os que anclados a unha tremenda falta de educación e valores, xogan baza a favor de que esto se manteña latente.
Vivimos nunha sociedade tan avanzada e ignorante, que calquer cousa de nada, como pode ser unha afección, unha prenda de vestir ou un simple teléfono móbil é suficiente para crear mofa ao tempo de compartir camiño. Preocupante... Aínda que cando o río soa, auga leva.

Todos somos sabedores de que os estereotipos apagan caras e arruinan vidas, pero non somos conscientes do promotores de primeira liña que somos. Aínda o crio non naciu e xa lle está a nai enchendo o meolo de parvadas, ata que lle merque o dichoso xersei azul (rosa no caso de nena) non para. Logo veñen as bonecas para elas e os camións para eles. Pregúntome, por que non se lles deixa disfrutar dos mesmos xoguetes...? Debería dar igual que fosen bonecas, camións ou chispas benditas, máis que nada polas habilidades que acadarían nese mundo fantástico, en certo modo estamos limitando o futuro dos nosos fillos, ainda que non vexo ao neno peiteando bonecas, en tal caso rapando cabezas estilo skinhead, deixándoas a velas vir e ríndose delas.

Que as mulleres non xoguen con camións non só conleva a privalas dunha sorprendente destreza varonil, tamén están ante a primeira recesión de avance na sociedade.

Despois pretendemos que sexan como eles...

Mentras as féminas pasan o tempo xogando as casiñas e peiteando bonecas, cousa que non ten nada de malo, todo o contrario, de seguro adoptan certas habilidades que nun futuro (cando teñan que coidar dos fillos e da casa) lles veñan de perlas. Eles xogan cos camións a destrozar bonecas, esgazando vestidos coas rodas e facendo trompos esmagándolle as cabezas, adquirindo deste xeito un aprendizaxe sobervio cunhas habilidades de conducción, inalcanzable para elas.
Cando se di que os homes conducen mellor que as mulleres é por algo! Todo ten a súa explicación, neste caso os indicios están claros, os homes teñen moito rodado, levan dende a infancia forxando habilidades para unha  conducción inigualable.
Para que veñan alardeando algunha por aí... Xa non digamos unha rubia tontita, que non hai onde metela, se non unha supermorenaza nun deportivo negro cun alerón de aquí a pasado mañá, presumindo de conducción, xa que “aínda que a mona se vista de seda, a mona se queda” Unha muller por moito coche que teña, se lle falta o wonderbra non é ninguén.

Algo sorprendente tamén é a transformación de carácter que sofren ao longo do tempo. De nenas dá gusto falar con elas, doces, alegres e moi amables, salvo un pelotazo fortuíto no careto ou en toda a cazarolada, cando están no seu mundo rosa, o cal nos atoparíamos ante os primeiros encomodos e berros femininos. Non sendo así, non hai problema! O malo é de adultas cando se volven rabiosas e malas como a peste, todo está mal feito e todo lles parece mal, ata son máis gordas e feas, pásanlle as de Grimhilde (a reina malvada) non existe espello que as volva guapas nin flacas.

As mulleres ademáis de ser propiedade sexual dos homes (xa que sen eles non teñen a onde ir), tamén son as matalotes de limpeza, a publicidade nos distintos medios deixao ben claro, tódolos  productos están claramente dirixidos a elas, un día chegou Mr. Proper (logo D. Limpio) pero nin con esas...

É curioso como a sociedade percibe as situación de maneira distinta dependendo de si o protagonista da peli é un home ou unha muller, sen ir máis lonxe, cando un home triunfa coas mulleres no “amore” é un campeón, un verdadeiro artista, unha auténtica pasada, no caso delas, son unhas puñeteras zorras calentorras.

Hai que mentalizarse que os estereotipos establéceos a sociedade, basándose en teorías disparatadas e sen fundamento, polo tanto non teñen porque coincidir coa realidade.

Paparroda agarda que a sociedade cambie co tempo e non limite posibles potenciais ao catalogar persoas sen coñecelas. Propón un futuro libre de estereotipos e prexuicios, un futuro sen limitar capacidades, un futuro de homes e mulleres iguais.

Se o outro con perseveranza e boa letra o logrou. Nós por que non?

Por unha vez, non lle quero dar a razón ao admirable D. Albert Einstein, cando dixo: “É máis fácil desintegrar un átomo que desintegrar un prexuizo”



Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

Sol e candil