Publicacións

Mostrando publicacións desta data: April, 2017

A realidade dos estereotipos

Imaxe
ADVERTENCIA!!! Este relato pode ferir profundamente a túa sensibilidade. Se sigues lendo alá ti!
A temática deste post vai ser os estereotipos, convivindo nunha sociedade que todos quixésemos perfecta, sen violencia, sen machismos, sen diferencias nin nada que se lle asemelle, pero como a realidade é moi distinta, quero mostrala. Para facelo, que mellor que poñerse no pelexo do inimigo, agarrándose ao seu imaxinario e infundado punto de vista. Quero que este dato quede claro en todo momento. Polo tanto advirto que este texto poida que non resulte do agrado que un quixera, sobre todo para certas mentes sensibles acostumadas a un mundo rosa cheo de ideais.
Que a sociedade está plagada de machismo, estereotipos e prexuizos cos seus conseguintes perxuizos, todos o sabemos, pero aínda así, non son poucos os que anclados a unha tremenda falta de educación e valores, xogan baza a favor de que esto se manteña latente. Vivimos nunha sociedade tan avanzada e ignorante, que calquer cousa de nada, com…

O almorzo de Ramiro

Imaxe
Neste post vou escribir sobre Ramiro, un tipo peculiar canto quer, que ademáis de ser arquicoñecido pola vestimenta extravagante e o seu descomunal reloxo dourado, tamén é un querido mestre de primaria, a piques de se xubilar. 
Descoñezo o motivo que leva a Ramiro a frecuentar sempre o mesmo local. Unha cafetería(1) que exceptuando unha ubicación privilexiada de moita luz, non se lle ve outro aliciente que invite á entrada, nin café, nin vistas, nin fasquía, nin tampouco unha camareira que deixe pasmado. Como non sexa que vive no mesmo edificio...? Ramiro non é un tipo deses como todo quisqui, que cando almorza na cafetería ocupa unha mesa, que va! El é home de barra, chégalle con séntase nun taburete arrimado ao mostrador e xa está, pero eso sí, para meter entre peito e espalda, un simple café con leite, fai un despregamento que nin os cans, ben se pode dicir que enche o mostrador de metralla. Á súa ezquerda a boina, o estoxo das gafas, a chave do Mercedes e o móbil, á dereita o xornal…