Publicacións

Mostrando publicacións desta data: March, 2017

Unha de queixo

Imaxe
Hoxe toca falar dunha paixón, de feito, se tivese que elexir entre xamón, queixo ou chocolate, tería claro que levar a illa deserta. Xa pode ser de Arzúa ou de Maracena, gústanme todos! Tamén teño que dicir que aínda sen considerarme un superdegustador, recoñezo que a medida que pasan os anos estoume volvendo máis quisquilloso ao respecto. Xa está ben de picar de parbillo!
Familiares, veciños e compañeiros de traballo entre moitos outros tantos coñecidos, xa non son poucos ós que lles escoitei dicir iso de: "Non me gusta o queixo". Parece increíble que coa cantidade de sabores que existen, dende os tenros máis suaves ata os curados con sabor máis forte tirando a picante, non atopen un que lles guste. Está claro que complacer o paladar non sempre é fácil, a uns gústannos casi todos e a outros con cheiralos xa lles chega. Non sei se será bo ou malo que non todos disfrutemos das mesmas cousas, un bo queixo, un bo viño, unha boa lectura, unhas boas vacacións e porque non, dunha b…

Ribeira vs Riveira

Imaxe
Neste post vou falar de algo que non é precisamente que me traía polo camiño da amargura, pero sí que fai anos que me  mantén en ascuas, ese algo é o topónimo de Santa Uxía de Ribeira, unha cidade que a principio do século XX o rei Alfonso XII declaraba como tal.
Para os que descoñecedes esta parte da bóla, aí vai a situación xeográfica da intriga con algo de entrante. Ribeira é un municipio da provincia de A Coruña, situado nin máis nin menos que na comarca do Barbanza, un entorno natural de enorme beleza, volo xuro! Neste municipio, entre outros moitos festexos, celébrase unha das festas máis populares de Galicia, a Festa da Dorna que xa leva dende o 2005 declarada de interese turístico de Galicia. Unha festa cun ambiente alegre e divertido sen igual. Se aínda nunca viñéchedes, que sepades que xa se está cocendo a LXIX "sinjladura" e vós sen cheirala.  Que queredes que vós diga!  
Como os papeis son os que cantan, Ribeira é unha cidade, como pode ser Toledo, Mobile  ou a mesm…