Tarta de queixo con xelatina de fresa

Xa iba sendo hora que publicara un post relacionado coa gastronomía, os últimos foron o 22 de maio do 2016 e o 26 de decembro de 2015 Como cartalas patacas da tortilla e Mesturanza culinaria  respectivamente. Desta quero compartir con todos vos outra verdadeira exquisitez culinaria, se sodes de chicles de fresa, esta é a vosa tarta.


Para a súa elaboración utilizo un molde desmontable de 26cm de diametro con papel de forno.
Os ingredientes son:

  1. 500ml de nata para montar
  2. 500g queixo Philadelphia (2 tarrinas de 250g)
  3. 375ml de auga (vaso e medio)
  4. Un sobre e medio de xelatina Royal
  5. Unha cullerada sopeira ben abicada de margarina
  6. Dúas ducias de galletas
  7. Tres culleradas de azucre
  8. 50cm de papel de forno

Básicamente a elaboración desta receita consiste en botar  a mezcla de xelatina, queixo e nata, encima dunha base feita de galleta, deixar arrefriar un chisco e rematar cunha capa de xelatina. Porteriormente meter no frigorífico un mínimo de 4 horas. Pasado este tempo xa vos podedes preparar para a chapatoria.

Cando algo se fai moitas veces, chega a resultar súper fácil a súa elaboración, o malo é cando un non está experimentado, para que esta pendiente sexa máis levadeira, aquí explico paso a paso como fago eu esta tarta de queixo con xelatina de fresa. Animo!

As galletas que utilizo son DIGESTIVE de marca branca do Gadis ou Eroski, uso estas porque teñen un toque de sal que me gusta, o cartón trae dous paquetes de trinta galletas cada un, gasto 24 para facer a base da tarta. Hai que desfacelas o máximo posible, labor que pode desempeñar a parella, aínda que se este/a se fai o/a longuis, sempre podes utilizar unha picadora, o rolo de estirar a masa da empanada, un morteiro ou simplemente calquer cousa que teñas pola casa, xa ti vas vendo!

Pon un recipiente ao lume cunha cullerada sopeira abicada de margarina

Importante que o lume sexa baixo para que non burbulle a mantequilla (se fose nacesario retira)

Cando a mantequilla esté toda disolta hai que mezclala coa galleta, remove ata conseguir unha mezcla homoxénea

Para esta tarta é necesarío ter un molde desmontable de 26cm de diámetro como mínimo, pódese conseguir en calquer ferretería ou centro comercial. É preferible cubrir o fondo con papel de forno para non complicarse a vida á hora de desmontar para presentar

Bótase ao molde a mezcla feita de galleta e mantequilla

Cunha culler esténde a mezcla ata cubrir toda a superficie do molde, presiona para compactar. Acto seguido métese no frigorífico mínimo 15 minutos

Nun recipiente pon a ferver un vaso de auga (250ml) Chegado ao punto de ebullición verte un sobre de xelatina, retira do fuego e remexe ata a completa disolución. Deixa enfriar.
Mentás tanto podes montar a nata. Para esta operación é aconsellable que tanto a nata como o recipiente estén ben fríos, engade as tres culleradas de azucre paulatinamente, non de súpeto

Cando a xelatina esté morna hai que engadir o queixo e mezclar, podes utilizar un tenedor unha batidora etc. 

Xunta a mezcla de xelatina e queixo coa nata montada remexendo con soltura

Incorpora a mezcla no molde

Un meneo "suavecito" é suficiente para espallala. Acto seguido mete no frigorífico 15 ou 20 minutos como mínimo

Mentras tanto pon ao lume un recipiente con 125ml de auga (1/2 vaso) chegado ao punto de ebullición verte medio sobre de xelatina, retira do lume e remexe ata a súa disolución, agarda a que esté morna e engadella á tarta. Mantén no frio ata ben pasadas catro horas. Bo proveito!

Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

Sol e candil