Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2017

ArtePap

Imaxe
“ Non hai mal que por ben non veña ” é un refrán que non sempre se cumpre, pero está aí. Con este frío que está caendo, con sair da casa para ir a traballar xa bo é, despois calquera sae dela! Eu levo uns días dándolle voltas a cabeza e de momento o resultado gústame, non é moito máis que unha barullada de ideas, pero véxolles futuro.  Decidín facelo público e compartilo neste medio por se algún interesado quer seguir os pasos do proceso, colgarei e comentarei imaxes según vaia evolucionando a obra. Un saúdo. 03-03-2017 Obra rematada 22-02-2017 17-02-2017 Seguindo tradicións e legados, os artesáns forman parte do folclore dun lugar, eu a esta peza única no mundo quero facerlle unha talla dun debuxo Celta que sempre me gustou, seguindo deste xeito os pasos que os meus ancestros celtas iniciaron alá polo ano 400 a.C. Agora que me documentei e coñezo o seu significado aínda me gusta máis. 15-02-2017 Un ferran

Terceiro aniversario

Imaxe
Parece increíble pero xa van alá tres anos dende que me aventurei en isto de ser blogueiro. Eso sí, outro ano máis sen publicidade en Paparroda. Tamén teño que dicir que manter un blog é moito máis do que parece a simple vista. Esta afección rouba multitude de horas, traballando ideas e facendo anotacións para logo plasmarllas ao Señor Word. Preguntarédesvos   por qué utilizo este procesador de Microsoft e non o propio de Blogger, pois sencillamente porque este paréceme un tanto mediocre, carece dun dicionario que ademáis de significados e poder elexir idioma,   dispoña de sinónimos, antónimos, neoloxismos… etc. Sorpréndeme que a toda poderosa Google non dote a Blogger dunha ferramenta á altura das circunstancias, acorde á actualidade vamos! Un blog non só come tempo conformando o texto, tamén hai que traballar a ilustración, xa que son dos que pensa que unha ilustración é o complemento perfecto dun texto, o que diga o contrario, está moi equivocado. Algunhas veces (todas elas p