Un hortera na leira do millo

Hoxe toca falar dos charramangueiros. Persoas que visten con moitos adobíos ou cores moi vivas e mal combinadas. Estes veñen sendo nin máis nin menos, que os horteras de toda a vida. Debido a que a palabra hortera é un castelanismo moi arraigado a nosa lingua, tamén lle vou dar cabida neste post.

A pesar de tanto 4K, tanta internet e tantos medios, a maneira na que estes individuos proliferan, é algo que sorprende. Xa sei que as comparacións son odiosas, pero non o podo reprimir. Os horteras son como a chufa nunha leira de millo. Dá igual que a sulfates, saches ou esgaduñes. Non se fai bo dela!

Un Charramangueiro é unha persona como outra calquera, naciu así e punto, igual que se o fixera coxo, xordo ou cunha malformación xenética. Por moitos anos que pasen, moitos telediarios que vexa e por moitas festas as que vaian, morrerán fieis aos seus principios, morrerán sendo horteras. 

Os charramangueiros clasifícanse en tres tipos: Tipo A, B e C. Igual que a hepatite!

Os de tipo A carecen de bo gusto, son vulgares e inimigos do elegante. Dalles igual poñer zapatos con chándal, que con leggins cor carne. Non dan aprendido! Para eles o importante é calzar zapato, dá igual como teña o tacón, xa pode ser de alcantarilla. Lucen marca aínda que sexa de mercadillo (enorme para que se vexa ben, se cubre todo o peito millor) Adidas, Armani, D&G, Versace…  Por outro lado, elas adoitan lucir lencería, aínda que sexa da que mostran os maniquíes nos escaparates dos chinos. Por certo, de onde chispa a traerán! Virá da China? O diseñador que tal fai, quédalle a cabeza quente. Como complemento nunca lles pode faltar unha alxibeira de cor rechamante, pero tamén hai que dicir, que con catro patacóns solucionan a papeleta. Culturalmente están tan pulidos como calquer eixo enferruxado, usan  expresións tipo neoloxismos de cagar entre o millo, como:  Efectivi Wonder, Ok Makey, Macanudo, Dabuti, Nasty de Plasty etc. Prácticamente fuman todos/as. Feito que non ten nada que ver, pero que está aí.

Polo contrario, os de tipo B, teñen unha forma de vestir e falar un tanto peculiar, son extravagantes por natureza, van de “chic” pola vida,  presumen de  destinción, simulan estatus e tenden á cursilada. Chaman a atención canto queren, pero en realidade non son ninguén de ningures. Prestando un chisco de atención, verédelos con garabata corta, calcetíns de pipiolo, ou cun cinturón que non vén ao caso. Eso sí, vestir como un hortera tipo B, non está ao alcance de calquera, airean a pasta canto queren. síntense atractivos, combinando cores chillonas con estampados imposibles. Elas, con perdón de “Dior” deixan entrever lencería da cara. 

Os charramangueiros tipo C destacan precisamente pola elegancia dun gusto selecto, refinado con estilo, presumen de estatus e son xente destinguida de alto nivel adquisitivo, o que os fai crerse superiores con todo dereito de vocear como se fosen os amos da pista. Desprecian con soltura.
Detrás das posibles actitudes, feitos ou insinuacións dun hortera deste tipo agáchase unha intelixente estratéxia, nada máis que para chamar a atención e facerse destacar ben sexa a propósito de publicidade, imaxe ou negocio. 

Tamén teño que dicir, que hai un tipo de xente, que non sei como clasificala, xa que poñan o que poñan, todo lles queda milagre de ben, e campan canto queren.


Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

Sol e candil