O Limoeiro

Antes de nada, quero facer alusión ao tema a tratar neste post. Non é porno, nin vai de política, pero debido a súa peculiaridade, tampouco é apto para tódolos públicos. Digo esto, para que se absteñan repipis, estiraos, e os de cagarría mental severa. Non vaia ser, que lles dé un patatús e irriten o cutis.

Vou falar dos limoeiros. Sí, unha palabra bonita e de dificil pronunciación para certos foráneos.

Penso que ter limoeiro, merece moito a pena, non só polo bonito que este é nin pola frescura que desprende, se non polo beneficiosa que é a súa froita para o noso organismo. Para ter un limoeiro, non fai falta vivir en Lousame, nin tampouco en Carril, Móstoles ou Estepona. Tense é punto.

Teño que confesar que os cítricos sempre foron a miña debilidade, encántanme! Xa poden ser  mandarinas, pomelos, laranxas (as preferidas); ou limóns, que con Gin, teñen bo rollo.

Hoxe en día, hai varios factores que determinan, ter ou non limoeiro. O primeiro, é que non se queira (hainos amargados que non lles fai falta). O segundo, é que aínda non se plantexaron telo, e por último ser un repipi de primeira. O resto non ten perdón de Dios.
Non dispor de horta nin xardín, non é un problema. Non pasa nada…! Aínda que sexa, plantádeo no da comunidade. De seguro que máis de catro, volo agradecerán… Hai xente para todo!

Como os limoeiros son árbores que se pasan anos e anos, dando froito sen rechiar, vou dar unhas pautas a seguir, para ter na horta a envexa da vecindade (o limoeiro  perfecto). Catro cousiñas que de seguro moitos xa coñecedes, pero recordalas nunca veñen mal!

Normalmente o primeiro erro que se comete, é no momento de mercalo, sí, búscase unha árbore vizosa con flor e se ten froito moito que mellor, eses limonciños pequerrechos, que bonitiños son! Aquí está a primeira metedura de pata, xa que os cítricos en condicións naturais, tardan 3 anos en dar froito (máis adiante explicarei como determinar a idade); polo tanto, se ao mercalo xa ten limóns, mal rollo! Eso significa que está de hormonas ata a perola. Sendo así, é preferible elixir outro.

O vendedor fai o que sexa con tal de vender, pero non se debe adiantar (e menos químicamente); un proceso natural se a árbore non está desarrollada. No momento de formar raíces, non é propicio malgastar enerxía mantendo froito.

Ven sendo algo así como medicar unha nena para que teña menstruación os 7 anos.

Referente a poda, varios son os puntos a ter en conta: Sempre se fará coa lua en cuarto menguante (momento en que esta leva menos forza); para que non “chore”

Chegado a este punto, é necesario explicar o procedemento a seguir para averiguar a idade do limoeiro nos primeiros anos de vida,  máis que nada, porque ata os tres anos non se debe podar.
A árbore está formada por raíces, tronco e copa, no primeiro ano a copa está formada só por ramas principais, nunca deben ser máis de 4 No segundo ano, estas ramas principais xa teñen brotes considerables. No terceiro ano é cando estes brotes, teñen brotes. Parece algo de rollo, pero sei que vos quedou claro, que no fondo é o que importa.

A primeira poda farase o día da plantación, co único fin de conseguir a cantidade de ramas principais que se desexe. Non se volverá a podar ata os 3 anos, excepto eses brotes perpendiculares que tiran cara arriba como chispas.

Pasados os 3 anos (nas luas de febreiro ou xuño); farase a poda de formación, aplicada ás ramas principais, co fin de darlle estructura a copa.

Ao largo do ano (sen ter en conta o mes); deberase facer podas de mantemento, cortando ponlas esgazadas e puntas secas.

Non esquezas ter cerca, lavanda e menta, para repeler plagas.

Que o disfrutedes!




Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

Sol e candil