Ferreiros Castrexos

Inmerso entre arrays, textos estructurados e direccionamentos indirectos, ante a imposibilidade de raspiñar algo de sono, levaba unha temporada sen facer factible a publicación habitual neste medio.

Nada máis cambiar de torna, non dudei en celebralo cun gustoso traballo de campo. Con zapatóns, cámara e media sobremesa a costas, partín cara a Boiro coa intención de visitar a península de Neixón e fotografiar a riqueza arqueolóxica dos seus castros. 
O periodo de ocupación deste recinto castrexo foi dende finais da Idade de Bronce (século VI a.C.) ata ben entrada a Época Romana (século IV d.C.)
A metalúrxia, e por consecuencia o comercio, foron os seus pratos fortes, xa que coñecían a técnica de producción de ferro. Eles venderon e trocaron os primeiros utensilios fabricados neste metal. Chegaron a ser ferreiros de élite na fabricación das famosas espadas que os romanos tanto uso lles deron polo mundo adiante. 
De aí o abondoso apelido Ferreiro pola comarca.
Outro dato relevante para a sociedade (principalmente a boirense); foi que a partires dese momento, o de comer sopa ou cortar o bacalau deixou de ser un problema.
Aínda que non sei eu… Xa que na casa do Ferreiro coitelos de pau.











Muralla fortificada






Por favor! alguén me sabe dicir que son estas formacións de arcilla?
Será que pretenden aparentar un crisol?
Sendo así, teñen tanta pinta de aguantar altas temperaturas como teño eu de salameo.





Comentarios

  1. As de arcilla e un churrasqueiro...nunha asan e na outra fas as brasas....o churrasco comese ca man...non lle facian falta cubiertos de ferro..jiji

    ResponderEliminar
  2. Bueno… Co finolis que van os de Boiro, non me extrañaría nada que os usasen, aínda que fose para aparentar. Jajajaja!
    Bo día!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

Sol e candil