Os normandos na ría II/II

Estaba o século XII dando os últimos coletazos, cando aqueles famentos vikingos, abordo dos temidos drakkars amosaban no horizonte as enormes velas vermellas e brancas, para remontar por derradeira vez o río Ulla. Nesa expedición aparte do típico saqueo, enchentas de mariscadas, empanadas e viño, traían entre corno e corno un propósito especial. Aproveitarse das mozas guapas da comarca.

Tiñan todo rigurosamente controlado, pero aínda así, o pensamento alocado que traían saliulles un tanto furado, agora vos conto!


Tan axiña como os drakkars tomaron terra, as xentes do lugar, observaban atónitos como un anano vestido con coiros, collares e plumas de cores, baixaba da embarcación portando unha bandeira branca, nin que fose en son de paz...! Ese anano non era outro que o bufón de abordo, a petición de Damson, este individuo pisaba terra para falar coas xentes e facer as paces ao mesmo tempo que organizaba unha parrillada co lema:  Nunca máis saqueos

O todopoderoso Odín pedíralle a Damson que  navegase cara ao Sur, e  non volvese a pisar terras escandinavas sen antes atopar unha moza guapa para deixar descendencia. Polo tanto a principal finalidade da viaxe era deixar a Úrsula preñada, aínda sendo consciente de que coa guapura afastada que se gastaba, tíñao un tanto crudo, por eso viña disposto ó que fixera falta.
Traía metido na testa que ía abusar dela sí ou sí, ó seu antoxo, aínda que fose empleando a violencia física. Desta vez, o das verrugas na frente non se conformaría con mirar para as bragas de fieltro que as lugareñas tiñan no tendal.

Para a parrillada, matárase unha vaca, tres becerros e catorce galiñas. Chegado o momento, todos comeron e beberon ata máis non poder, o caos e o desorden que o viño de cartón alí deixou, foi máis que suficiente para que Damson con cara de porco vietnamita, quixese bailar con Úrsula o baile do achilipú. Ao ver que esta se negaba, quedou tan desconcertado como un guiri en Rianjo. Cunha actitude desafiante e sen piedade, montou un altercado de collóns. Úrsula entre forcexeo e forcexeo, sen resultado, luchou por defenderse, pero entre o anano (que metía cizaña); Damson e catro máis, foron dabondo para conseguir violala salvaxemente.
Entre tal desconcerto, o resto da tripulación (sen éxito); intentou sacudir ós lugareños, pero estes con estilo e gracia galega, a velas vir os deixaron con tal paliza que lles deron.

Ao día seguinte por orden de non se sabe quen, Damson cruzaba o río a nado,  eso sí! Cunha cadea enrollada nos collóns. Marcando deste xeito o fin das expedicións vikingas ás Torres do Oeste.

A totalidade dos chupichainas normandos quedaron desempeñando traballos forzados, aínda que sen saber quen, nin como nin cando,  as súas cabezas sen ollos aparecían flotando na ría.

Desgraciadamente, Úrsula rematou os seus días triste, sumida nunha confusión entre medo, salouco e aturdimento.


Aquí vos deixo o enlace á primeira parte de Os normandos na ría .



Deica logo xente! 
Que o disfrutedes!


Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

Sol e candil