Os normandos na ría I/II

Sendo franco, xa fai tempo que quero contar esta historia, a historia dos piratas normandos na nosa ría. O percal, vouno dividir en dúas partes; a primeira onde describo personaxes e situación, na segunda relatarei o sucedido na última viaxe. Agardo que vos guste.

Xa vai dun bo puñado de anos, nos que tódolos primeiros domingos de agosto levo asistindo á simulación do desembarco vikingo en Catoira, onde ano tras ano entre as xentes que alí se achegan, escoito versións variopintas dos motivos por os cales os vikingos se arrimaban a estas Terras. De se arrimaban de paso que iban cara ó Algarve portugués, de se era coa intención de saquear a catedral de Santiago, de fartarse de tintorro, pescar sollas ou simplemente mariscar na ría de Arousa, o que sí todos sabemos é que chegaban as Torres do Oeste.

A presencia dos vikingos en Catoira non era outra que a manifestación amorosa do príncipe Damson. Sí, así como cho digo, así de claro! Este estaba chifladamente perdido por unha doncela que vivía nunha das torres. Chamábase Úrsula, unha moza alta, guapa, pelo limpo e flequillo como Dios manda. Tanto de cara como de corpo estaba moi ben, a calquer machuelo lle daría ansia vela. Vamos! Que de lonxe parecía a tipa do telediario.

De seguro que ó Damson de marras non lle chagaba nin a altura do peluche, pero eso é outro tema…

Aquela noite de lúa, os drakkars vikingos procedentes da localidade escandinava de Frederikssund, cargados de normandos, tomaban terra na desembocadura do río Ulla. Todos viñan ataviados con traxes de coiro gastado, collares de bolas, escudos e cascos con cornos forrados con algo metálico, nin que fose papel albal…! Entre eles había un que viña medio apartado (nunha especie de zona VIP); protexido do sol baixo un toldo de bambú, onde penduraban coloridos feldreques de esparto tupido. O tipiño non era outro que o príncipe Damson, este sería de sangue azul, pero as uñas tiñas negras como a peste, tamén tiña unhas mallas, zapatóns de becerro e  chaleco con capucha a xogo. Entre a multitude de complementos que se gastaba, sobraban aros, cadeas e pulseiras, só lle faltaba un caravel na lapela! Completaba o seu indumento cunha espada ben afilada.

Feo de nacemento, con só verlle os dentes e aquelas  catro verrugas que tiña na testa, xa era máis que suficiente para darse conta de que non era suspiro de ningunha moza galega.

Pero el alá viña na súa “garita” con voz ronca dando verridos como un tolo, ÚR-SU-LA, ÚR-SU-LA. Ata que avistaba as torres onde se atopaba a moza que pretendía.

Mentras uns se fartaban de viño, mexillóns, churrasco, pulpo da ría e licores varios para deixar as farolas parpadeando, Damson mascando chicle apampanado alí quedaba, cos ollos abertos como pratos, miraba como Úrsula dende o seu aposento bailaba e cantaba a Rianxeira en camisón.
 
Aquí ao lado dun que ten tanta pinta de vikingo como teño eu de dentista












Comentarios

Destacado

O auténtico MOU

Sol e candil

Ribeira vs Riveira