Matadura

Dende as velas do Corpiño ata as lágrimas de San Campio, coas ofrendas a San Ramón e os baños na Lanzada, ano tras ano anduvo Rubén sen atopar ritual que matara o desexo de deixar á dona preñada.

Neste post vou contar a historia dunha parella un tanto peculiar. Rubén e Conchita, dous namorados de Viveiro e Boiro respectivamente, o flechazo destes mozos producéuse na marea dorneira do 2006, aínda que só fai catro anos que comparten piso como parella, no lugar de O Monumento, Ribeira.

Esta parella vive unha vida plena, chea de satisfacción, rica en diversión e relacións sociais. Ela é unha muller guapa, extrovertida, independiente, con horario de doutora e moi alocada, dende fai un tempo para acá tamén a xoga cun affair, andando con el a brincos de aquí para alá, como un Pokemon pola cidade. Por outro lado Rubén é un mozo responsable, cheo de valores e sentido común, con trinta e tantos tacos. Traballa como un cabrón, agardando pola herencia millonaria de cando a palme seu pai. Chega á casa cansado como un burro, pero aínda con esas, co empeño en ser pai, as gañas de rechinar non lle faltan. Logo de moito insistir, mollándoa día sí e día tamén e sen máis proveito que o feito do momento, ofreceuna a canto santo hai, San Ramón, San Campio, San Andrés, pero nin a de tres! A muller como se nada…

Mentras o paspán se preocupaba buscando novas terapias, ela seguía ausente pensando no último Tweet que recibirá. A todo esto, teño que decir que Conchita é unha desas mulleres “modernas” un tanto egoísta, unha muller que non acepta a idea de ter fillos só polo simple feito de que forme parte dun proceso natural, máis ben é muller de vivir a vida rascándoa de aquí para alá.

Un día paseando pola capital,  chamoulles a atención un cartel luminoso que penduraba da primeira pranta do número 24 dunha rúa céntrica de Compostela, un centro de rehabilitación de alto rendimento onde curaban a un de todo canto había, reuma, catarros, psoriasis, dores menstruais, stress, mal de amores, espabilación de papanatas, cansancio, aburrimento… etc. Cando el tal viu, non dudou en animala a  unha sesión, ela toda complacida, non fixo outra cousa que aceptar. El pedíulle a Deus que o remedio fose eficaz, ela a Deus viuno despois, unha vez dentro.

Xa dentro do local, unha sala rechea de xente agardaba o masaxe profesional. Cando lle tocou o turno a Conchita, Rubén non sabía se rir ou chorar, xa que detrás daquela porta non se oía outra cousa que risas, gritos e xemidos, onde o dominicano a traballaba ben traballada. Quedaría preñada…?

Por desgracia, queiramos ou non, vivimos nunha sociedade moi materialista, na que se mira con recelo a esas mulleres sen instinto maternal, pensando que non ter fillos é unha decisión egoísta como se fose por non querer asumir responsabilidades, renegando á vidorra.

Por que tanto insistir…! Que non che gusten os animais nin os fillos, debería ser unha opción tan respetuosa como outras opcións da vida.
Non por eso o pai se ten que sentir como un trasto vello con cachos de bronce enferruxados.

Que non ser nai, sexa obxetivo cuestionable…!

Un saúdo




Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

Sol e candil