Recordando olores

Este post, no que vou tratar sobre as curiosidades olorosas da vida,  quero adicarllo ao compañeiro incrédulo Sr. Juan Vázquez, que entre respeto, dudas e risas, alá segue sen creer o que eu tal escribo.
Nin que o sofá fose de skay!

Ben certo é que vivimos rodeados de miles de olores (as veces máis dos que quixéxemos); pero os que vou tratar neste post, teñen o denominador común de AGRADABLE. Aínda sendo así, a súa apreciación é totalmente obxetiva, debido a que está influenciada por multitude de aspectos, como poden ser o estado de ánimo, a opinión do veciño  ou simplemente a cagarría mental que se teña ese día. Este feito fai que o mesmo perfume resulte agradable, desagradable ou simplemente nin fu nin fa, por moito que as multinacionais se empeñen en que o seu último producto nos guste a todos.

Debido a sensibilidade que temos, non existe patrón que se axuste a tódolas narices, cada persoa coas súas preferencias é un mundo, polo tanto non nos debe extrañar que o que lle fascina a uns, outros non poidan nin cheiralo.
Deixando a gasolina aparte, e entrando de cheo nos bos olores, a quen non lle gusta o aroma das palomitas recien feitas ou as roscas da Maricola recién saídas do forno?

Eu como non me criei en Quebec, Houston, Stuttgart nin Pamplona, que me criei nunha auténtica aldea galega, tiven a sorte de vivir multitude de experiencias cos seus correspondentes olores asociados, que a día de hoxe aínda gardo nas pituitarias e de seguro vos deleitasen, digo deleitasen falando en pasado, polo simple feito de que é pouco probable volver a vivilos.

Un deles corresponde ao olor percibido nada máis cruzala porta das tabernas ou dos famosos ultramarinos da época, cando estes tiñan froita de tempada, o olor daqueles repinaldos, pexegos, claudias, ou peras, era espectacular! Agora a froita xa non arrecende como daquela, só hai que entrar nunha froitería para darse conta de que o único rastro de aroma frutal que hai, é o do ambientador ou o perfume da dependenta, no mellor dos casos! Que triste!

Outro olor moi particular é o desprendido polo forno de pedra, chegado a temperatura acadada, branco e quente como un rixón logo da quenta dun bo ascueiro. Tamen resulta curioso ver como cambia de cor según a temperatura.

Un olor agradable e sorprendente ao mesmo tempo, era o do muiño logo de que a moa bourase un bo cacho sen millo.

Por último e recordando un pouco máis alá, queda falar do olor producido polas xintoiras, estas eran unhas  pezas de madeira de carballo, que abrazaban o eixe do carro coa única finalidade de frenalo polas costas abaixo.
Non sei se era pola abundancia de exemplares de cereixeira na zona, ou por outro motivo que descoñezo, alá onde eu nacín os eixes dos carros facíanse de cereixo. Cando estes baixaban cargados polas ladeiras, a fricción que exercían as xintoiras no eixo, desprendía un olor  moi peculiar e pracenteiro. Había que vivilo!

Unha pena que a tecnoloxía da época non dispuxese de captador de olores!



Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

Sol e candil