Publicacións

Mostrando publicacións desta data: April, 2016

O balcón do vixía

Imaxe
Este día paseando polo peirao da Rochela, vin un can roendo un cabo solto dunha embarcación alí varada, ao contemplar aquela escena, veume á cabeza a imaxe dun can malo como a rabia, que no seu día xunto a unha moza e un par de mozos coma min, compartiu  vivenda.

Compartíamos una casa branca moi estreita que daba a dúas rúas, tiña tres plantas, dúas portas e seis xanelas de cor verde, o primeiro andar ocupábao  un cuarto de estar de lado a lado. Había dúas lámparas enormes penduradas do teito, un chinero cargado de licores, un televisor, unha mesa baixa  cun par de banquetas a xogo,  un fogón cheo de borralleiro, una butaca, dous sofás, unha morea de cadros parisinos, un espello de corpo enteiro algún que outro souvenir por alí colgado, e ao lado da ventá (fora no balcón);  o can, coa cabeza metida entre os barrotes da varanda, ladrando a paxaro e “can” que por alí pasara.  O nome daquel can era Toco, digo “era” porque tres anos de can novo, tres anos de bo can, tres anos de can vello e…

O sobriño de Aurelio

Imaxe
Con este relato, que ademáis de ser inédito está fundado en feitos reais, quero renderlle homenaxe ao célebre escritor Miguel de Cervantes Saavedra, no IV centenario da súa morte (1547-1616)




Aurelio era un carpinteiro natural de Cospeito, Lugo. Moi experimentado en apeos de labranza e barrís, Este vello mañoso levaba con orgullo o legado que lle deixara seu pai. Tódalas  primaveras coas alforxas do cabalo cheas de ferramenta, chourizos e augardente, partía cara a Castela, para chegar a un lugar da Mancha onde había máis muiños que veciños. Dende Consuegra a Mota del Cuervo, pasando por El Toboso e Campo de Criptana, non quedaba muiño que non mimara.
Un vran levou consigo ao sobriño, para enseñarlle o oficio e facer del un Home, xa que a única matadura que tiña, ademáis de xogar nas eiras, era andar colgado das árbores buscando niños nas carballeiras. Un “rapaz” alto e delgado como un fiuncho, terminara a escola e con catro pelos na perilla, sen oficio nin beneficio, só lle quedaba traba…

Palabras inocentes

Imaxe
Dedicado ao meu amigo Carlos Piñeiro, lector de Paparroda.



Nunca pretendín que este blog fose un caderno de bitácora nin un noticieiro, e menos un diario persoal, xa que eu non son deses dos que vai apuntando todo ó dedillo, e moito menos contar a miña vida en público. Esto non é Sálvame Deluxe! Esto é Paparroda, que foi creado co firme propósito de espallarme e darlle renda solta á imaxinación, dalgunha maneira, intentando emular aos máis vellos do lugar, cando daquela sentados ao pé da lareira contaban historias de serpes, meigas, sereas e dragóns co único fin de facer máis doadas aquelas interminables noites xiadas de inverno. Polo tanto aquí, atoparédesvoscon historias reais, paralelas e mesturadas con outras que poidan non selo.
As estadísticas gústanme e ilusiónanme, tamén me fan ver que os lectores de Paparroda, sodes dos que non só vos conformades coa realidade, buscando neste blog algo máis que un xornal ou unha enciclopedia. Esto é algo que me fascina, e me empuxa a seguir nar…