Publicacións

Mostrando publicacións desta data: March, 2016

Crime metrolóxico

Imaxe
Neste post vou tratar un tema que nos atañe a todos, xa que nos toca o bolsillo. Estou vendo que pasan  os días, os anos, os séculos e sorprendentemente seguimos sen prestarlle a atención que se merece. Será que imos de sobrados?
Realmente non sei se é que estou deixando atrás ese característico pasotismo consensual, me estou facendo vello ou porque me toca vivir nunha sociedade na que ninguén regala nada, unha sociedade de “Ollo por ollo, dente por dente”. 
Francamente “me la suda” que o Peso sexa igual a masa x gravidade, que sexa a unidade monetaria chilena ou que sexa o causante da operación bikini. O que si me preocupa é que mo vendan a 6 Pts.
Primeiro nas tabernas da aldea xunto aos lexendarios establecementos ultramarinos da época, e agora nas tendas chinas de barrio, xunto cos poderosos hipermercados, as básculas seguen na mesma liña, alleas ao paso do tempo, sen amosar a etiqueta que garantiza ter pasada a inspección de calibración. Para que unha báscula dea garantías de marcar o…

A dichosa Bula

Imaxe
Xa estamos en Semana Santa, unha semana que para moitos é sinónimo de dor, loito e silencio ata que chegue o domingo de resurrección, onde todo será festa e desborde de alegría. Para outros moitos tantos, xa é un desborde de alegría dende o primeiro día. Algúns larpeiros non pensan máis que en divertirse e papar eses pratos tradicionais cheos dunha dulzaina que nin os cans, que engordan a su puta madre, e que ricos están...!
Esto da Semana Santa, xa non é o que era, teño un recordo da infancia de cando escoitaba aos vellos da aldea falar da Bula, sendo sincero, foi un tema que nunca desperou o meu interés, pero aínda así, quedáronme grabadasalgunhas daquelas historias raras que contaban. E sí que cambiou a como era daquela, e moito, eu aínda non nacera, e posiblemente ti tampouco, polo tanto o que che vou contar, seguro que che sonará a chino, pero esto é parte da nosa historia.  Unhas costumes que menos mal que xa non queda rastro delas, costumes que había que "cumprir amachada&q…

O turista africano

Imaxe
A vida é un conxunto de ciclos que se repiten cada certo tempo, uns volven mellor, outros peor, uns antes e outros despois, o importante é que esto non cese, que sigan así, polo menos que volvan cada ano, como vén facendo o “turista africano”. O ano pasado por estas fechas, publicaba o post "Que non che pille o CUCO", Un relato sobre os ourizos de mar e algunhas das súas particularidades, entre as que se atopa o talturista, o CUCO. Sería unha pena non aproveitar esta SECA da maneira, co bo tempo e as mareas vivas que está habendo este fin de semana, máis aínda tendo en conta que dentro de dous días o “turista” non nos dará tregua, polo tanto levanteime cedo e fun a terras de Jolán, coa intención de aproveitar a marea e apañar algúns dos mellores ourizos, tamén levei o bicheiro para coller algún polbo, pero ningún agardou por min. A sorpresa foi ao chegar á praia, dándome conta de que non fora o único a quen lle pasara pola cacharola tal idea. Alí atopeime con veciños e coñeci…

Amor idealizado

Imaxe
Levo tempo observando un comportamento feminino que se repite tódolos anos, sen discriminar raza, nacionalidade nin relixión. Sí, xa poden ser altas, baixas, guapas, feas, morenas, rubias, trencas ou espateladas que chegada esta fecha (un mes despois do día “D”); é cando alcanzan a súa máxima plenitude, entrando de cheo nun periodo un tanto peculiar, unha mestura entre pasotismo, sosego e desánimo, que dura xustamente o que elas queiran. Que non é pouco!
Xa vai alá un mes daqueles tantos bicos e abrazos, un mes dende que todo era da cor dos chicles de fresa, un mes dende que foi San Valentín, cando todo era amor, frenesí, cariños, moito ritual, moita proposta erotizada, moita caricia e moita pólvora queimada… Hoxe TODAS están cansadas ou sofren algunha patoloxía xenérica, tanto lles pode doer a cabeza, o costado, o duodeno, a carne do pescozo ou a farinxe. O que non aproveitou aqueles días coa explosividade do “Pack AMORE” (Regalo, Cena Romántica e Pólvora); que se olvide! Agora xa é t…