Todo, por querer ser guapo

Creer que a froita se elabora nos laboratorios, no mercado ou nas froiterías, non é un pensamento que vaia moi desatinado. No mundo tan plástico no que vivimos, todo é posible! Con este traballo, vou mostrar a tódolos seguidores de Paparroda, como madura sen química un peladillo.  Eso sí, non me veñas con présas!

Aínda o sol do venres pasado non vira ben o mediodía, cando o conxunto de condicións requeridas, en canto a climatoloxía, lúa e marea, eran do máis favorables. Levando a cabo unha operación cirúrxica de moito calado.
Nun patrón de ameixeira brava, enxertei unhas pugas deses peladillos grandes, lustrosos e encarnados, que se comen cos ollos! A ver se con algo de sorte, en poucos anos, os paxaros, os vecinos máis eu disfrutamos de tal intervención.
 
Enxerto feito o 19 de febreiro do 2016



Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

Sol e candil