Pautas dunha Garabata

Estou por decir, que aínda ben fose nunha ceremonia, nunha festa, nun banquete, no metro, na oficina ou mesmamente na rúa, de seguro que todos víchedes alguén disfrazado con traxe e garabata, digo disfrazado porque moitas das veces non se lle pode chamar doutra maneira. Nunca me atrevín a falar deste tema, cada un ten o  estilo que ten e punto, pero este ano a Gala dos Goya, foi a gota que colmou o vaso.

O sábado pasado, como telespectador de tal evento, vin detalles que decían ben pouco dalgúns dos nosos “artistas”. Como actores está claro que fan uns papeles que te cagas, boísimos! Unha pena que non poida decir o mesmo, acerca do pouco estilo que teñen levando traxe e garabata na vida real. Uns auténticos pailarocos, diría eu!

Se tes que subir a un estrado a recoller un premio, sabes de sobra que vas ser o centro de tódalas miradas, neses casos tanto a vestimenta como o saber estar é todo. Entrar a escena coa chaqueta do traxe desabrochada, é unha conduta ben pouco elegante, o mesmo digo do que estaba sentado con tódolos botóns abrochados. Tería frío? ou aquel outro que a garabata lle chegaba de aquí a pasado mañá (nin que fose para limpar o “pizarrillo”). Todo ten a súa medida, non hai que ir de pailán pola vida…!

Mercar traxe, está visto que o merca calquera, vestilo tamén o viste calquera, ata o menos garboso ten traxe (aínda que sexa no armario); pero de aí a levalo con estilo e harmonía, hai un abismo.  O ESTILO é algo que se aprende co tempo e no camiño, uns apréndeno rápido, a outros lévalle parte da vida e outros morren sen el. Por qué será que todos queremos ter máis?

Está claro que en esto do estilo, a vestimenta xoga un papel importantísimo, non tanto como o que vai dentro, pero si ten moito que ver. A elección da vestimenta, require dun tacto especial, hai que ser moi coidadoso, dándolle a importancia que se merece e non pasala por alto como “Perico por su casa”. Aínda que as veces dar coa combinación adecuada, (traxe-camisa-garabata); pode ser un verdadeiro rompedoiro de cabeza, xa que non é o mesmo elexir  vestimenta para ir a un enterro, unha cea de empresa, unha voda,  ou un guateque, cada evento require da súa indumentaria, pero aínda así todos teñen algo en común.

Coa finalidade de potenciar a imaxe, buscando un toque de elegancia e distinción, aquí vos deixo catro reglas básicas para un éxito asegurado.  Sabemos que un super estilazo, non se consigue de repente, nin de hoxe para mañá, pero seguindo estas pautas (que nun principio todo HOME debería coñecer); pódese evitar ir de pipiolos pola vida.
Non vaia ser que algún día nos nominen aos Goya… !

A GARABATA pode ser lisa, a raias, con lunares, estampada, bonita ou fea, pero eso sí, debe ser máis escura que a camisa, non rebasar a febilla do cinturón nin ser máis ancha que a solapa do traxe. Vamos! Que non pode tapar o paquete nin quedar pola mitade da cervecera. (pecado moi común)
Cunha CAMISA estampada, unha garabata lisa vai de perlas e viceversa tamén.
Se optas por un TRAXE a raias, tanto a camisa como a garabata deben ser lisas dunha sóa cor.
Para un evento informal a garabata de estampados grandes é ideal.
Se a chaqueta ten máis dun botón, o de abaixo sempre desabrochado ata o momento que te sentes, situación na que se desabrochan todos.
O cinto debe ser da mesma cor que os zapatos, o ideal sería que os zapatos fosen da mesma cor que o traxe, non sendo así, estes deben ser negros, excepto se o traxe é marrón, gris claro ou azul marino, neste caso os zapatos deben ser de cor marrón.
Polo contrario si eres un tipo decidido e queres arriesgar con outras combinacións menos clásicas e máis atrevidas, ánimo! Podes botar man de dous estampados (camisa-garabata); pero sempre un estampado grande con un pequeño. Dous estampados do mesmo grande, unha auténtica pallasada.

Preocúpate en todo momento de que os puños da camisa asomen tímidamente nas mangas da chaqueta. Non vaias pola vida como algún aspirante a presidente!
En cuestións complementos, o reloxo é unha peza fundamental, polo tanto se é de “pichi clas” preferible que o deixes na casa. Ah! Non sei se sabes, que un home sen reloxo perde a metade e “sen zapatos” a outra. Xa ti vas vendo... !
Aínda que só sexa, gástate o soldo do mes, entre un bo par de zapatos e un automático suizo.

Déixate de pilas!

Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

Sol e candil