Rianxeira amigos e palmoeira

Se na actualidade pouca xente sabe o que é a palmoeira, difícil o teñen os que lle tocou vivir en Madrid, no barrio Salamanca ou mesmamente na Moraleja. Primeiro porque o Diccionario da Real Académia Galega non recolle este término, e segundo porque cada día quedan menos vacas (no mellor sentido da palabra).

Cando a vaca estaba no periodo de lactación (recén parida); cargaba o ubre de máis leite do que o pucho quería mamar, a consecuencia deste feito era que a leite volvíaselle espesa, moito máis cremosa, dificultando así a súa saída, coa consecuente inflamación das glándulas mamarias (mamite).

A solución que había na aldea para este mal, era masaxearlle o ubre cun trapo impregnado dunha mestura morna de manteiga, unto, touciño vello derretido, romeu e allos machacados. Os labregos ante esta situación de que a vaca estaba débil, coidaban en non poñela ao carro, deixábana quietiña na corte, estrada con palla de centeo.


Esta é unha das moitas palabras que van quedando en desuso, aínda que eu voulle dar outra oportunidade, usándoa en Paparroda, atribuíndolle outro significado claro está! Pero que indirectamente ten moito que ver.

Palmoeira vouna utilizar para referirme a un feito moi común entre todos nos. Como é a preguiza en facer algún tipo de traballos que ben sexa por Haches por Bes ou por remolón, non se fan. Exemplo: Quería comezar hoxe coa dieta pero deixo para mañá, Era para ir o ximnásio pero con esta calor que fai non vou, Tiña pensado saír na bici cos compañeiros pero como caeron catro gotas non fun, quedei mellor na cama.

Agora xa non hai homes nin nada! un que lle doe a barriga, outro que lle doe un dente, que está cansado, que non o deixa saír a muller, que ao mellor igual chove, que se deitou tarde, que o fillo non o deixou durmir, unhas azoutadas no cu era pouco! En resumidas contas... Non hai con quen contar! Este mundo está cheo de Homiños de palmoeira!
 
Hoxe quedei as 9:30 na estación de autobuses de Ribeira coa intención de facer unha marcha cicloturista, pero por motivos varios (citados anteriormente) non apareciu ninguén. Será que fixo frío?

Fun só como un can, pero valeu a pena. Agora estou aquí a voltas con este relato ao mesmo tempo que celebro a primeira saída en bici deste 2016.
Para a ocasión, deille aire a un corcho de Juvé y Camps (o meu Cava preferido) que curiosa e milagrosamente conseguiu eludir os descorches do Nadal.

Un brindis por todos os que disfrutades da literatura.



Cabo de Cruz
Juvé y Camps. O meu Cava preferido


Aquí vos deixo un vídeo no que se ve zarpando do porto de Cabo de Cruz ó equipo de traineras Rianxeira. (É unha pena que Blogger non deixe subir videos dun peso superior a 100 Megas, tendo desta forma que reducir a súa calidade. De veras sinto que un traballo feito en calidade HD se teña que ver tan mediocre) Vou ter que chamar a California e poñerlle as pilas a máis de catro.

Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

Sol e candil