Dous anos de blog

Quen iba a pensar que aquela ilusión que tiña o escribir o primeiro post, chegaría ata aquí intacta? Nestas datas, Paparroda cumpre dous anos. Todo gracias a vos, por estar ao outro lado, dándome forzas para seguir escribindo e publicando cada semana.

Logo Paparroda
Recoñezo que como afección, escribir en Paparroda é algo que verdadeiramente me fascina. Aproveito o tempo de “mirar a tele” para coller o iPad e disfrutar como un cosaco tecleando que che tecleo, narrando algo que me chifle e me guste, algo para vos.
Neste último ano houbo cambios, como non! Un deles foi o logo, quixen algo máis dinámico con liñas simples e facilón de recordar, algo máis coqueto vamos! Coa única finalidade de seducirvos, se vos gusta tanto como a min, conseguino! A min apasióname! Por outro lado, Chrone cun 31% foi o navegador que desbancou a Firefox que ocupaba este mismo posto o ano pasado, o Sistema Operativo que máis pasa por aquí sigue sendo Windows cun 39% outro ano consecutivo. As visitas  están moi reñidas man a man entre americanos e españoles, os sitios de referencia de onde proceden son: TumblrGoogleFacebookTwitter e Pinterest
Síntome moi agradecido, dándovos gracias a todos os que pasáchedes por aquí, dende o primeiro ata ti que estás lendo agora esto. Gracias polas visitas.

Un forte abrazo.


Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

Sol e candil