Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2016

Outro cacho

Imaxe
Xa temos aquí ao Nadal repetindo a historia, e con el, a recua de propósitos de tódolos anos. Practicar deporte, adelgazar, non roer as uñas, ler algún libro, deixar de fumar e non sei cantas cousas máis. Época na que botamos polas pozas os cartos, o Zen, o Yoga e o equilibrio entre comer, traballar e durmir.
Polo de pronto, xa gastamos a pasta na lotería, aínda sabendo que non iba tocar, pero… “Por se a caso” non vaia ser que o veciño se poña rico e nós sen cheirala. Suceso que mostra perfectamente o irracional que somos.
Tamén xa fomos ás ceas de empresa, onde as mulleres luciron prendas, escotes e tacónsimposibles. Unhas para ben e outras sabe Dios para qué. As pernas de Rosa, os rizos de Susana ou o escote de Inés. Sinceramente, cando algo resulta atractivo, da gusto míralo. Pero non todo é así, tamén as hai, que con só oilas falar dan medo, e con catro copas… Outras non sei que pretenden ano tras ano, vestíndose como prostitutas. Será que non teñen espellos na casa?
Como estamos nu…

Co medo nos pés

Imaxe
Os protagonistas da historia que vos vou contar, son Antón de 75 anos, a súa dona Mercedes de 73 e un animaliño onicofáxico do cal descoñezo a idade. Antón e Mercedes, a pesar de levar casados dende o ano 1962, só fai 14 que viven en condición de inquilinos, nunha casa vella e descoidada, que leva unha década pedindo a gritos unha reforma.
A situación da casa non está precisamente no casco urbán, está máis ben solitaria,  ben afastada da bichicomada. O único acceso que hai para chegar a ela, é unha carretera asfaltada, chea de fochancas e ben señalizada ata cruzar unha ponte medieval, despois só nos queda un largo camiño sorteando raíces, croios e bosta fresca, o seu fin está nun muro con reixas, no que un portal de fundición, luce unha fermosa aldaba de bronce. Dentro, un embrollo de distintas especies vexetais, forman un xardín estrado de prantas con flores de multitude de olores, tamén hai insectos, carreiros de formigas, cagallas de coellos, vermes, arañas de non sei cantas cores e…

Un hortera na leira do millo

Imaxe
Hoxe toca falar dos charramangueiros. Persoas que visten con moitos adobíos ou cores moi vivas e mal combinadas. Estes veñen sendo nin máis nin menos, que os horteras de toda a vida. Debido a que a palabra hortera é un castelanismo moi arraigado a nosa lingua, tamén lle vou dar cabida neste post.
A pesar de tanto 4K, tanta internet e tantos medios, a maneira na que estes individuos proliferan, é algo que sorprende. Xa sei que as comparacións son odiosas, pero non o podo reprimir. Os horteras son como a chufa nunha leira de millo. Dá igual que a sulfates, saches ou esgaduñes. Non se fai bo dela!
Un Charramangueiro é unha persona como outra calquera, naciu así e punto, igual que se o fixera coxo, xordo ou cunha malformación xenética. Por moitos anos que pasen, moitos telediarios que vexa e por moitas festas as que vaian, morrerán fieis aos seus principios, morrerán sendo horteras. 
Os charramangueiros clasifícanse en tres tipos: Tipo A, B e C. Igual que a hepatite!
Os de tipo A carecen de b…

Tetas que namoran

Imaxe
Neste post toca falar de algo que se vive moi de cerca, ben sexa no fogar, na rúa, no supermercado ou mesmamente no traballo. Penso que chegou a hora de falar dos peitos das mulleres, polo tanto este post, vai de TETAS! Vai por vós. Hai que admitir que non todas son iguais, as tetas son como as mulleres. Poden ser  grandes, falsas, separadas, caídas ou despampanantes. De aí a importancia dun bo suxeitador para gardar a compostura e non chamar, ou si, a atención, depende do que busque cada unha. Con este post non pretendo que me fagades saber se as tendes firmes nin que talla usades de suxeitador, e moito menos, se tendes pezóns de aureola clara, escura ou rosadita. Érache boa, só faltaría…!

Os homes temos que asumir que nos gusta mirar para os peitos femininos, dá igual que sexan grandes, pequeños ou obra dun divino cirurxián.  Sinceramente, non sei por que será, pero tampouco me preocupa, é algo que está aí como está a distancia de roce, e que siga  sendo así!  Que non cambie…! Admiro a e…

Biografía dunha alusión

Imaxe
Sendo franco, non figuraba nos meus plans volver a publicar en Paparroda esta semana, pero parece ser que as redes sociais (aínda que sexa ó caladiño); non deixan de facer o seu traballo. Neste caso, un simple Tweet dun afanado seguidor, foi máis que suficiente para reactivar tal pereza.

Este mediodía facendo referencia ao último post publicado en Paparroda, o usuario de Twitter Anaco @anacO_o tweeteábame o enlace dun artigo verdadeiramente interesante, de título ¿Por qué tenemos miedo a los transgénicos? escrito por Pepo Jiménez. Teño que dicir que estou totalmente dacordo, e que no último párrafo soubo resumir toda a preocupación que no post “Biografía dun trampolín" eu declaraba. Polo tanto considero oportuno publícalo neste medio para que o coñezan tódolos meus seguidores, tanto os do blog como os das redes sociais.
Chegado a este punto, só me queda dicir un par de cousas. Que estou moi agradecido, e que o mellor amigo, non é aquel que che invita os cubalibres, se non o que se…

Biografía dun trampolín

Imaxe
Esta semana, desempeñando o rol de viandante, atopeime en plena rúa cun vello coñecido. Non dudamos en tomar uns viños na cantina de moda máis cercana, e revivir momentos de cando ámbolos dous (por motivos de traballo); almorzábamos na capital. Moitas foron as veces que frecuentamos “Doli”, un restaurante de comida rápida, deses que comes de todo polo mesmo prezo. Un local informal, ameno e distendido, no que se pode degustar distintas gastronomías, ao tempo que as camareiras unha tras outra, lucen escote, quentando a polbeira dos comensais que practican o exceso, deses que comen máis cos ollos que coa boca, como se o cartel que pendura enriba do grifo da cervexa, non fose con eles “Come o que queiras sen desperdiciar nada”.
Por desgracia, este tipo de locais, amais de saber vender “agonía pola comida” sonúnicos movendo os números da báscula. Moita cantidade pero nin chisco de calidade, as lamentacións xa virán!
De seguro que un banquete de chapulíns, un pouco sushi, asado brasileño e u…