Manual de disparo fácil

Xa fai algún tempo que teño gañas de facerlle unha crítica constructiva a eses/as que se ven con todo dereito do mundo, en cuestionar as fotos dos demáis, cando as súas, non son máis que auténticos churros, un “víndeover” nas redes sociais.

É boa verdade que a ignorancia tanto pode poñer a un triste e desventurado, como radiante de felicidade.
Puntos de Forza e líñas da Regla dos Tercios

Agora que nos estamos adentrando en período de festas, chismes e felicitacións, tanto se sodes auténticos flickeiros como usuarios base de Facebook, WhatsApp ou a mesmísima Instagram, faredes que os smartphons e as redes sociais anden a fume de carozo, a ver quen corre máis! De seguro, á festa tamén se arrimarán aqueles catro que andan soltos por aí, pensando que a calidade das fotos do seu “chafarico” é a mesma que poden ofrecer os modelos Reflex. Esto é confundir o touciño coa velocidade.

Como se entere a EOS 5Ds que a meten no mesmo lote…

A calidade non se pon en dúbida, pero por desgracia non se pode decir o mesmo doutros aspectos, como poden ser a composición fotográfica. A xente só se limita a centralas fotos e punto, “disparo fácil” “aquí che collo, aquí che esfolo”. Todos sabemos que cada un fai o que pode, ninguén naciu aprendido, pero o curioso desto é que todo “quisqui” se cree con dereito a opinar, sen saber que unha imaxe é o suficientemente complexa como para que catro matados nun "vira-vira" poidan determinar, se é boa ou mala.
Entón pregúntome: En que se basa a xente para opinar? Como se pode facer tal cousa sen ter nin puta idea? Penso que para abrila boca, primeiro hai que ter uns coñecementos mínimos do tema, non chegan catro güisquis.
As redes sociais están cheas de fotos feitas sen gusto, fotos que non trasmiten nada, e a única finalidade é a de “buscalikes”.
Coa intención de que no 2016 fagades fotos diferentes, invítovos a poñer en práctica algo tan sinxelo como é a primeira regla de encuadre, sen necesidade de mostrar pompis nin canalillo para chamar a atención. Ollo! unha vez despois de poñer en práctica esta regla, cambiaredes drasticamente as vosas composicións e as fotos xa non volveran a ser iguais. Esta regla coñecese como “Regla dos tercios” consiste en dividir tanto horizontal como verticalmente a foto en 3 tercios imaxinários iguais (foto) os 4 puntos de intersección destas líñas, son os puntos de Forza, aí é onde hai que poñer o que se queira destacar da foto.

Non sería de recibo que me puxera a explicar a Regla dos Tercios, cando en internet hai miles de webs falando do mesmo. Polo tanto, aquí vos deixo un par de enlaces para que vos entreteñades. 

http://www.fotonostra.com/fotografia/reglatrestercios.htm

Non sigades facendo fotos centradas, sosas e sen creatividade, xa fixéchedes dabondas!

Ahhh! Que duda cabe, de que as reglas están para rompelas, pero non antes de coñecelas.




Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

Sol e candil