A importancia da dobre postura

Fai uns días, vin como un usuario de Facebook, poñía no seu muro: Non acepto dobles perfiles de nadie…

Interesante!! Aínda que sinceramente, non entendo cal puido ser o motivo que o levou a tal decisión.
O simple feito de ter un perfil nas redes sociais, ben sexa Facebook, Twitter ou a mismísima Socialité de la Cochinché, fai que xa un mesmo sexa poseedor dun par de identidades (como mínimo); a real e a virtual. Identidades que o máis normal é que non cadren unha con outra, xa que na actualidade pasamos moito tempo navegando pola rede, creando un perfil que nos represente do máis enrollados, guapos e perfectos posible. Buscando unha identidade  virtual ideal, ao mesmo tempo que nos alonxamos de ser nos mesmos, ben sexa involuntario ou intencionado, pero está demostrado que na web, ser totalmente sinceros é imposible. Non é porque o diga eu! Os resultados das enquisas están aí, se non comulgas con eles, posiblemente sexas un bicho raro, eu que sei!!
Polo de pronto na rede, todos vamos de guapos e intelixentes, sorindo máis que en persoa.
E ti como eres? De seguro que si gozas dunha fasquía de petardo humano, intentarás agachalo amosando a túa mellor beautiful face, ou polo contrario non serás ninguén de ningures, mesmamente un bulto facturado, así de claro!

Eu penso que é un erro innecesario relacionar a identidade virtual coa identidade real, non esquezamos que unha das características asociadas a internet, é precisamente a posibilidade de columpiarse pola rede e que ninguén che coñeza.
O feito de que sexa así é para moitos desagradable, e para outros tantos un puntazo, ou é que me queres decir que coñecedes a tódolos contactos que tendes en Facebook, Twitter e Instagram?
Que santiños…!! Non me creo nada!!!
Menciono estas tres redes sociais por unha simple razón. Quen non compartiu esa foto na que saía todo cheo de razón, non retwitteou aquela parvada de tal seguidor, ou quen descoñece os filtros de Insta? Penso que se non fixéchedes nada disto, sodes uns auténticos carrozas, é máis, atrévome a decir que se non pertencedes ás tres, quedáchedes un tanto desfasados, posiblemente estedes tomando a vida real moi a peito!! Sí!! Sodes vos mesmos os que afirmades o dito de que: “O ladrón pensa que todos son da súa condición…” jajaja!!!

Si na vida real, podemos ser bos ou malos tan só cambiando xestos, tono ou cara. Por qué en internet non facer o mesmo podendo construir unha identidade alternativa, completamente distinta a que poseemos fora dela?

Por qué unha persoa que se transforma chegada a noite, para vivir unha vida paralela, ten que ter un único perfil?  Por exemplo unha prostituta, un Drag Queen, un camarero, un arbitro, un profesor etc. Por qué mezclar o profesional co persoal?  Por qué mesturar combatentes de distintas batallas? Por qué non ter doble ou triple perfil?

O malo de todo esto é que convivir con dúas ou máis identidades dispares entre sí, pode montar a Marimorena mezclando bogas con besugos chegando a formar un pifioste de medo.

Tamén pode pasar que chegado un punto, nos guste máis a identidade virtual que a real, quen é o listo que di que non? Sendo así, xa teríamos un grave problema, e antes de armar a de San Quintín habería que optar por unha decisión, que ben sería: Cambiar a nosa personalidade offline para adaptala ao perfil da rede (pouco probable) ou volver a crear un novo perfil coa intención de esquecer o anterior. Así sucesivamente ata atoparnos cunha infinidade de personalidades cibernéticas, ao mesmo tempo que cedemos datos para que as empresas os utilicen para estudio de mercado.
Podédelo ter por seguro!!

Haino que ver dende o lado positivo, xa que aínda despois de palmala os datos seguirán aí, facéndoche alcanzar a  inmortalidade” en certa medida.

Polo tanto, sí ao dobre perfil!





Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

Sol e candil