Publicacións

Mostrando publicacións desta data: November, 2015

Manual de disparo fácil

Imaxe
Xa fai algún tempo que teño gañas de facerlle unha crítica constructiva a eses/as que se ven con todo dereito do mundo, en cuestionar as fotos dos demáis, cando as súas, non son máis que auténticos churros, un “víndeover” nas redes sociais.
É boa verdade que a ignorancia tanto pode poñer a un triste e desventurado, como radiante de felicidade.
Agora que nos estamos adentrando en período de festas, chismes e felicitacións, tanto se sodes auténticos flickeiros como usuarios base de Facebook, WhatsApp ou a mesmísima Instagram, faredes que os smartphons e as redes sociais anden a fume de carozo, a ver quen corre máis! De seguro, á festa tamén se arrimarán aqueles catro que andan soltos por aí, pensando que a calidade das fotos do seu “chafarico” é a mesma que poden ofrecer os modelos Reflex. Esto é confundir o touciño coa velocidade.
Como se entere aEOS 5Dsque a meten no mesmo lote…
A calidade non se pon en dúbida, pero por desgracia non se pode decir o mesmo doutros aspectos, como poden ser…

A importancia da dobre postura

Imaxe
Fai uns días, vin como un usuario de Facebook, poñía no seu muro: Non acepto dobles perfiles de nadie…

Interesante!! Aínda que sinceramente, non entendo cal puido ser o motivo que o levou a tal decisión. O simple feito de ter un perfil nas redes sociais, ben sexa Facebook, Twitter ou a mismísima Socialité de la Cochinché, fai que xa un mesmo sexa poseedor dun par de identidades (como mínimo); a real e a virtual. Identidades que o máis normal é que non cadren unha con outra, xa que na actualidade pasamos moito tempo navegando pola rede, creando un perfil que nos represente do máis enrollados, guapos e perfectos posible. Buscando unha identidade virtual ideal, ao mesmo tempo que nos alonxamos de ser nos mesmos, ben sexa involuntario ou intencionado, pero está demostrado que na web, ser totalmente sinceros é imposible. Non é porque o diga eu! Os resultados das enquisas están aí, se non comulgas con eles, posiblemente sexas un bicho raro, eu que sei!! Polo de pronto na rede, todos vamos …

Futuros ricachóns

Imaxe
Na noite de onte, coa compra deste décimo de Lotería do Nadal, por parte de: Vilarnovo, Vila, Dani, Carlos, Mara e eu, consolidouse a xuntanza dos futuros ricachóns. Este tipo de situacións, rodeado de amigos sobrios e civilizados cos que un se sinte a gusto,  non teñen prezo.

Ligoteo para feos

Imaxe