Grafeno



No  ano 2010 foi otorgado o premio Nobel de Física ós Srs. Andréy Gueim e Konstantín Novosiólov, dous rusos que co seu descubrimento revolucionaron altas e baixas esferas, mostrando ao mundo o Grafeno.


Ata esa, apartando aqueles catro que sempre o saben todo,  ninguén tiña idea do que era, ben podía ser champú, unha bebida para deportistas, unha crema exfoliante,  ou mesmamente unha marca de papel hixiénico de alto rendimento, pero non, desta vez foron un pouco máis alá descubrindo algo que a priori tiña todas para ser un material super revolucionario, de increíbles características e usos sorprendentes en aplicacións infinitas. 
 

Un material máis duro, flexible e lixeiro que o aceiro, alta conductividade tanto térmica como eléctrica e por si fose pouco, tamén é transparente,  que xa é decir!! 


O Grafeno vaise convertir no material de moda, polo tanto dentro de dous días ou tes algo de Grafeno ou non eres ninguén. Reloxo de Grafeno, lentillas de Grafeno, piercing de Grafeno,  parauguas  de Grafeno... Os que teñades bici de carbono, xa podedes ir cambiando... Eu que sei!! Ata os máis do norte se atreverán con preservativos de Grafeno... Quen sabe...? Só falta que se poñan de moda. Grafentelo, Grafenselo.


Escoitábase a principio desta década que na volta de poucos anos este material iba revolucionar o mercado, pero xa estamos a finais do 2015 e aquí de Grafeno nin chica nin patacón. Que pasa co Grafeno? Aínda está por chegar? É unha farsa? Ou están as altas esferas agardando que Paparroda publique este post? Sendo así xa poden ir espabilando a tontería que estou ansioso por estrear o próximo vran unhas gafas de sol a xogo coas chanclas de Grafeno on the beach.


Co tranquilo que estaba o galiñeiro…

Comentarios

  1. Xa esta chegando...
    http://www.tendencias21.net/Cinco-anos-para-que-el-grafeno-cambie-el-mundo_a40680.html

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

Sol e candil