Publicacións

Mostrando publicacións desta data: October, 2015

Doutra maneira

Imaxe

Unha de berberechos

O día de onte, logo de runnear o percorrido habitual matutino dos domingos, tomeime un chisco de acougo, deseguida de repoñer enerxía e coa intención de domar ideas, boteille unha ollada a xornais e blogs que sigo. Teño que decir que me levei unha grata sorpresaao sentirme identificado co que o archicoñecido José Carlos Capel, escribía no seu blog “Gastronotas de Capel” co título “Las reinas del berberecho”. Primeiro por falar de Galicia, da ría de Muros e Noia, ría onde nacín, recordando os meus antepasados, que medios labregos, medios pescos, non quedaron sen mariscar berberecho na lomba de Noia. Segundo e non por eso menos interesante, falar dunha empresa punteira, que leva máis de medio século conservando productos mariños de calidade, ao mesmo tempo que nos abre unha boa fiestra de osíxeno aos barbanzáns, como é Frinsa.
Polo tanto, recoméndovos ler o post "Las reinas del berberecho" de José Carlos Capel.
Os interesados, podedes facelo pinchando AQUí.

Un saúdo.


Boirenses e mailo carburo

Imaxe
Algún día escoitábase por aí que entre tódolos barbanzáns, os de Boiro e periferias, foron os que máis aguantaron sufrindo as consecuencias a pé da luz de carburo. Descoñezo a veracidade de tal ruxe ruxe, o que si parece certo facendo caso das faladurías daqueles vellos, é a relación existente entre o uso desta fonte de enerxía con extraños sucesos noite e día. Si, parece increíble, pero antes de gozar deste momento álgido de popularidade, xa experimentaron coa súa confusión mental, xa que mirara por onde se mirara, Norte, Sur, Este, Oeste, por Vilariño ou ben por Abanqueiro, era un pobo sometido e ofuscado con aparicións nocturnas de almas en pena.
Contaba o finado de Pastor, que o que acontecera aquela noite de inverno, non era para contarllo a ninguén. Natural de Castrove, aínda que por motivos de traballo, pasaba os días por terras boirenses dacabalo da Vermella, unha besta bonita de crin dourada e rendas esmaltadas, un animal un tanto peculiar,xa que ría, andaba, durmía e espeide…

Grafeno

Imaxe