Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Agosto, 2015

A cambio dun chisco máis na cama

Imaxe
Se onte botara man dalgunha excusa barata, dera media volta e quedara un chisco máis na cama, de seguro que non pinchaba en Xuño, nin tampouco traería estas bonitas fotos que fixen de ruta a O Freixo . Non se pode ter todo!!   Antigo porto do Freixo "Place for One" co muelle flotante do Freixo ao fondo Porto do Freixo A can vello todo son pulgas Estuario do río Tambre Pinchar tamén é parte do xogo. Non o sabíades?? Testal (Noia)

Música para todos

Imaxe
Estamos de sorte!! Non hai razón para rematar este atípico mes de agosto con caras largas e mal sabor de boca. O vindeiro sábado 29 as 19:00h a Asociación Musical de Aguiño “ Albéniz ” Rondalla de Aguiño, con gallardía e moito tesón, deleitaranos cun concerto de corda, interpretando a Marcha Radetzky, un popurrí de temas tradicionais rusos e varios temas de Abba entre outros, nun espazo acústico incomparable, como é a igrexa parroquial de Santa Uxía de Ribeira.  A entrada será de balde.

De "ocuparrotonda"

Imaxe
Xa era hora do cuco cando en menos de nada apareceu un runner con valor e moitas ganas, para acompañar a estes caralláns en subir Confurco e Moimenta . E aquí estamos de " ocuparrotonda " os cinco do dengue no medio da nada, nun día de nubarróns na metade do camiño todos alegres, cheos de pingueiras comentando a xogada. Nunca peor!! Para mandar hai xente!! Ao rico cachondeo Foto!! PaaTaaTaa

XXV Festa da Bici (Pobra do Caramiñal)

Imaxe
A excelente alineación dos astros, fixo posible que no día de hoxe nos reuníramos estes seis compañeiros, para axistir a XXV Festa da Bici, celebrada na Pobra do Caramiñal. O percorrido foi por todo o municipio a un ritmo moderado, non exento de bo rollo, risas e curiosidades.       Praza Alcalde Segundo Durán Juan e Dani en pose dinámica Din que o can é o mellor amigo do home, por algo será!! O pelotón ao seu paso polo peirado A peña ciclista "As Raiñas" levando a voz cantante Os extensos areais da Pobra

Mariloli de Mourente

Imaxe
Mariloli  D.E.P. e ra unha muller pouco faladora, ser i a e moi traballadora . U nha muller exemprar cunha vida desordeada . C asouse de ben nena coa barriga á boca . O home que levou, serio e moi celoso, nunca lle quixo nada. Cando chegaba bébedo de tolería, prendíaa ao mojón do penal como se fose un animal, ao mesmo tempo que a insultaba marcándolle as costas coa fevilla do cinturón , p reguntáballe con quen se deitara mentras el non estaba. Os veciños co peteiro pechado , escoitaban atouzar e os berros da mulleriña derreada, pero alí ninguén decía nada, salvo os cans da aldea ouveando con tal animalada. Máis por sorte que desgracia, aos corenta e pico, cansada de ser humillada e maltratada a “pobre mulleriña” quedou viu v a, mandando para o panteón difuntiño e cinturón .  Ao pouco tempo comezou a lucirse, con faldas c urtas e longos escotes . O que se coñece como levantar sensacións , vamos!! Querendo columpiarse como os demáis, o que tiña que pasar, pasou naquela noi

Baño de sal

Disfrutando como unha criatura mariña, o primeiro día de vacacións . Contido Flash!!

PAPARRODA: Hora SUPER

Debido a petición dun lector (por sentirse identificado); cambiei o nome do que escarabellaba o moco como se nada  PAPARRODA: Hora SUPER