Ti vés ou non?

Estamos nunha era na que medio mundo ou algo máis vai pola vida aparentando, e o resto con tanto concepto, tanta integración e igualdade, pretende que todos sexamos iguais. De iso nada!! “ni hablar” aínda que pertenzamos á mesma especie, Homo Sapiens Sapiens. Iso sería daquela, cando os chícharos aínda non eran redondos de todo. Daquela cando o Home de Kibish cortaba o bacalao acompañado, pero xa choveu desde entón!! e aínda así, dudo que todos fosen iguais.
Hoxe en día, evidentemente todos somos diferentes e punto, se pretendemos outra cousa, so temos que QUERER VER o empeño que a sociedade actual pon en dividirnos e diferenciarnos, tanto na guapura como na adversidade ata que a morte nos separe, deixando un tanto de lado os valores e capacidades, ou non?? Visto o visto, se guapo e triunfarás ou será preferible ter un sorriso molón aínda sen ser de todo guapetón, xa non sei que pensar!!
Hainos feos, trastornados, amargados, infieles e ben raros, hainos que pisan o escalón coa punta e os que o fan con todo o pe como se nada e os que amosan a pel morena sen decir nada. Bravo por eles!!
Máis veces das que un quixera un simple feito é suficiente para ver a estupidez reflexada nun estado de pura envexa cargado de guarnición. Pola contra, atópaste con xente que sen coñecer de nada, simplemente cunha simple mirada sen máis miramento nin dilación sorprendentemente che cae ben, polo tanto mentras estas sensacións propias do Ser Humano non deixen de existir, SEMPRE haberá diferenzas.

Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

Sol e candil