Chupándonos o dedo e algo máis

Nunca te parastes a pensar nesas aplicacións que todos temos instaladas nos dispositivos, como poden ser: Flickr, Instagram, Pinterest, Messenger, WhatsApp, Hangouts ou mesmamente o todo poderoso Facebook, que tanto alarde fan de ser de balde, e que en realidade de moca nada de nada, tendo máis rabo do que parece??

Está visto que nos chupamos o dedo canto queremos e un pouco máis, apartando un puñado de pailarocos como de costume, o resto somos moi conscientes do feito, facéndonos a vista gorda ou máis ben mórbida (xa que neste caso o adxectivo gorda ao meu pensar, quédase algo escaso); pero aquí ninguén move ficha, e que a gustiño estamos oes!!

Atrévome a decir que se lle propoñen a un internauta fumador acérrimo (na mesma medida); deixar de fumar ou non ter internet, pensó que a maioría non duda en arrebolar o chisqueiro entre o millo.

Aínda que moitos de vos ao abrir o día, non opinedes o mesmo, a gran dependencia a que nos somete internet é bestial, incluso superando a de fumar, non sexades vos aqueles catro de sempre que o negan!!

Un servizo sen coste?? Ufff!!! Esto nas películas ata pode ser posible e todo, pero na vida real permítanme dudalo, xa que calquer sistema que esté conectado a internet, está sempre exposto a amenazas, pero non serei eu quen o discuta. Tamén teño claro que todo é a cambio de algo, aquí ninguén regala nada, moi iluso hai que ser para non ver algo tan evidente como que o suministro de pomada anal por parte dos provedores da web, é para un posterior empuje rectal. Así como se nada, vamos!!

Aínda que queiramos pensar que non, a partires do momento que aceptamos as reglas do xogo, tamén aceptamos baixala bragueta ou os calzóns, deixando a maquinaria ao descuberto e compartindo con sabe Dios quen toda a información  do dispositivo, datos persoales, direccións de correo, historial de navegación, direccións GPS, gustos, disgustos, contactos e fotos con selfie incluido, vaia tarxeta de presentación máis completa!! Hai "alguén" non se sabe donde, que connosco ten o que quer, pero de momento danos igual, estamos tan atraídos e embobados que non se lle da chisca de importancia as consecuencias que esto conleva, xa que a información en mans de “alguén” pode ser usada en contra nosa nun momento dado.

Aproveito para informarvos de algo que de seguro moitos descoñecedes, pero podedes estar tranquilos que non vos perdéstedes nada!!
Existe unha parte na web coñecida co nome de DEEP WEB  que para acceder a ela, necesítase un software específico chamado TOR 
Antes de nada, decir que este entorno, pode chegar a ser moi impactante polo que un se poida atopar, non hai censura e chega a zonas da web onde os buscadores máis populares como Yahoo, Bing ou a mismísima Google nin os cheiran, polo tanto non é apto para todolos públicos, tamén quero deixar claro que eu non me fago responsable do mal uso que lle poidades dar a Tor,  mirade ben donde clickades!! Polo contrario se vos chega co que tendes, tampouco vos compliquedes a vida agora a vosa edade, con estes rompedoiros de cabeza da internet profunda. Esto en especial, vai adicado  aqueles catro de sempre que presumen de porte aristocrático e que en realidade non son máis que uns fedellos remexóns, pero ten que haber de todo!! Vai por vos!!

Aquí vos deixo un enlace informativo sobre a Deep Web

Para navegar na Deep Web necesitades o software Tor que para descargalo podedes facelo dende este enlace:

Boa viaxe!!


Comentarios

  1. Entrar na deep web é ilegal a parte de perigoso, ollo ao que fas!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Se consideramos perigoso todo aquelo que nos poida ocasionar danos físicos ou moales, todo ilegal é perigoso.
      Polo tanto navegar pola Deep Web penso que ten bastante menos lasca que: Practicar furtivismo, fotocopiar libros, conducir con tasa de alcohol “un chisquiño” superior a permitida, apurar un semáforo, descargar música pirata, aparcar en doble fila ou circular pola autopista a máis de 120Km/h Parástete a pensar canto software pirata tes no teu ordenador persoal?
      Está visto que SANTOS xa quedan poucos, de todas formas douche as gracias, non só pola túa información, tamén por ler Paparroda.
      Un saúdo e sigue así

      Eliminar

Publicar un comentario

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

Sol e candil